Porcelana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: vi:Sứ
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Centro de flores (Porcelana Buen Retiro, MAN 1982-85-5) 02.jpg|thumbminiatura|220px|right|Flores de porcelana ([[Madrid]], [[século XVIII]]).]]
A '''porcelana''' é un material de [[cerámica]] feito a partir doutros materiais, como [[arxila]] en forma de [[caolinita]], [[cuarzo]] e [[feldespato]], refinados a altas temperaturas. Trátase dun produto de cor branca, impermeable e translúcido.
 
Liña 9:
 
== Orixe ==
[[Ficheiro:Meissen-Porcelain-Dancers.JPG|thumbminiatura|right|220px|[[Porcelana de Meissen]].]]
A orixe da porcelana está en China, na época da [[dinastía Shui]] ([[581]]-[[617]]). Xa no período seguinte, a [[dinastía Tang]] ([[618]]-[[906]]), a porcelana obtivo enorme pulo e fabricáronse obxectos da maior calidade artística. As primeiras noticias sobre o material chegaron a Europa da boca e a pluma de Marco Polo, pero o comercio efectivo non comezou ata mediado o [[século XIV]]. Os obxectos, xa preciosos no seu lugar de orixe, aumentaban de prezo polas dificultades do transporte, polo que os clientes europeos chegaban a pagar por eles sumas exorbitantes. Este feito provocou que pronto se intentase fabricala nos países importadores, pero se descoñecían completamente tanto a composición exacta da pasta como as temperaturas adecuadas para a súa cocción. Os diversos experimentos foron permitindo a descuberta de novos materiais: na corte dos [[Médici]]s inventouse unha falsa porcelana, a porcelana branda o terna, similar á cerámica [[maiólica]], que coce a menor temperatura e é menos resistente que a porcelana dura. Este tipo de pasta acadou en [[Inglaterra]] gran calidade.