Pompeia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Venus (deusa)
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Vesuvius 79 AD eruption Latina.svg|thumbminiatura|right|350px|Erupción do [[Monte Vesuvio|Vesubio]] no ano [[79]].]]
A cidade de '''Pompeia''', xunto con [[Herculano]] e moitos outros lugares máis pequenos e situados ao redor da [[Baía de Nápoles]], foron municipios romanos destruidos pola erupción do [[Monte Vesuvio|Vesubio]] no ano [[79]]. A erupción foi descrita por [[Plinio o Novo]], cuxo tío [[Plinio o Vello]] morreu despois de realizar varias viaxes pola baía cunha flota de barcos de pesca para salvar algunhas persoas que estaban pechadas nos pobos costeiros.
 
== Orixes de Pompeia ==
[[Ficheiro:PompeijTheater.jpg|thumbminiatura|235px|Anfiteatro de Pompeia'']]
 
A cidade foi fundada no [[Século -VII|século VII adC]] polos Osci, un pobo da [[Italia]] central, nun outeiro cerca da desembocadura do río [[Sarno]], utilizada previamente como porto seguro por navegantes [[Grecia|gregos]] e [[Fenicia|fenicios]]. Cando os [[etrusco]]s supoñían unha ameaza, Pompeia aliouse cos gregos, os cales dominaban a baía de [[Nápoles]]. No [[Século -V|século V a.C.]] os [[Samnita]]s conquistan Pompeia e outras cidades da rexión ([[Campania]]). Os novos gobernantes impuxeron a súa arquitectura e ampliaron a cidade. Crese que durante a dominación samnita, os romanos conquistaron a cidade durante un curto período, pero esas teorías nunca se puideron verificar.
Liña 12:
 
== O Vesuvio sepulta a cidade ==
[[Ficheiro:Pompeii the last day 1.jpg|thumbminiatura|Pompeia en erupción, foto reconstruída por computadora.]]
 
En agosto do ano [[79]] unha erupción do monte Vesubio escureceu o ceo e sepultou a cidade. As únicas crónicas fiábeis do ocorrido foron escritas por [[Plinio o Xove]] nunha carta enviada ao historiador [[Publio Cornelio Tácito]]. Plinio observou desde a súa vila en [[Miseno]] (a 30 km do [[Monte Vesuvio|Vesuvio]]) un estraño fenómeno: Unha grande nube escura con forma de piñeiro saíndo do cume do monte. Ao cabo dun tempo, a nube descendeu polas abas do Vesubio e cubriu todo polos arredores, incluíndo o mar.
Liña 21:
 
== Perdida durante 16 séculos ==
[[Ficheiro:Herkulaneischer_Meister_002b.jpg|thumbminiatura| As táboas de madeira recobertas de cera eran o [[materiais de escrita|material de escrita]] máis habitual.]]
 
Gordas capas de cinza cubriron dúas cidades situadas na base da montaña, e os seus nomes e localizacións foron esquecidos. [[Herculano]] foi redescuberta en [[1738]], e Pompeia en [[1748]]. Desde entón, ambas as vilas foron escavadas revelando numerosos edificios intactos, así como pinturas murais. Realmente a descuberta tivo lugar no ano [[1550]], cando o arquitecto Fontana estaba escavando un novo curso para o [[río Sarno]]. Pero houbo que esperar 150 anos antes de que se iniciara unha campaña para desenterrar as cidades. Até esa data, asumíase que Pompeia e Herculano xa se perderan para sempre.
Liña 28:
 
O foro, os baños, moitas casas e algunhas vilas permaneceron nun sorprendente bo estado de conservación. Un hotel de 1000 m<sup>2</sup> foi descuberto a escasa distancia da cidade, e hoxe en día coñécese como "Grande Hotel Murecino".
[[Ficheiro:Pompeji-Streets.jpg|esquerda|thumbminiatura|Rúa pavimentada]]
Pompeia é a única cidade antiga da que se coñece de forma precisa a súa estrutura topográfica, sen modificacions posteriores. Non estaba distribuida nun plano regular como acostumaba ocorrer coas cidades romanas, debido á irregularidade do terreo. Pero as súas rúas eran rectas e formaban unha reixa ao máis puro estilo romano, co seu [[cardo]] e o seu [[decumano]]. Estaban pavimentadas con pedras poligonais e había casas e comercios a ambos os lados.
 
== Danos sísmicos e volcánicos ==
Unha importante área das investigacións céntrase nas estruturas que estaban sendo restauradas durante a erupción (presumibelmente danadas no terremoto do ano [[62]]). Algunhas das pinturas antigas danadas puideron ser cubertas con novos frescos, e utilízanse modernos instrumentos para analizar as pinturas ocultas. A razón máis probábel pola cal esas estruturas aínda estaban sendo reparadas 10 anos despois do terremoto era a crecente frecuencia de pequenos tremores que precederon á erupción.
[[Ficheiro:Pompeii Garden of the Fugitives 02.jpg|thumbminiatura|Xardín dos fuxitivos]]
Durante as escavacións, ocasionalmente achábanse ocos na cinza que contiveran restos humanos. Alguén tivo a idea de volver a encher estes ocos con pasta de modelar, e o resultado foron "estatuas" que mostraban con grande precisión o último momento da vida dos cidadáns que non puideron escapar á erupción. Nálgúns deles a expresión de terror é claramente visíbel.
 
Liña 42:
 
En [[2002]] un importante descubrimento na desembocadura do río Sarno revelou que no porto tamén había vivendas, moitas delas [[palafito]]s cun sistema de canais que suxiren unha certa similitude con [[Venecia]].
[[Ficheiro:Pompejanischer Maler um 70 001.jpg|thumbminiatura|esquerda|Os ben conservados frescos de Pompeia son unha mostra excelente da cultura da cidade.]]
{{Commons|Pompeii|Pompeia}}