Pierre-Auguste Renoir: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 27:
En [[1862]], Renoir entrou a estudar Belas Artes no obradoiro de [[Charles Gleyre|Gleyre]] onde coñeceu a [[Claude Monet|Monet]], [[Frédéric Bazille|Bazille]] e [[Alfred Sisley|Sisley]]. Os seus primeiros cadros de estilo clásico, romántico e realista non foron inicialmente ben criticados. Con todo, a primeira obra que expón na galería ''l'Esméralda'' en [[1864]] recibiu unha moi boa acollida, pero logo da exposición, destruíuna. Pintou gran cantidade de paisaxes e de corpos humanos, principalmente femininos (sobre todo o da súa amante, Lise Tréhot). Esta moza tivo unha importancia vital na obra do pintor, dado que ao romperse a relación, houbo un cambio no estilo do autor. A carreira de Renoir iníciase realmente en [[1867]] coa exposición da ''Lise à l'ombrelle''.
 
[[Ficheiro:Pierre-Auguste Renoir - Autoportrait (1876).jpg|thumbminiatura|250px|esquerda|Autorretrato]]
 
O período impresionista de Renoir dura entre [[1870]] e [[1883]]. Pinta gran cantidade de paisaxes pero as súas obras máis características teñen por tema a vida social urbana. En tódolos seus temas a énfase pono na mocidade e a vitalidade. A súa máis grande obra durante este período é ''Déjeuner des canotiers''.
Liña 33:
Entre [[1883]] e [[1890]], Renoir entra no seu período ingresco. Logo da súa viaxe a [[Italia]], decide revisar o seu estilo. Os contornos dos seus personaxes vólvense máis precisos. Debuxa as formas con gran precisión, as cores vólvense máis frías. Ao converterse en pai por primeira vez deixa a pintura por un tempo. Ao regresar ao traballo realiza a máis importante obra deste período ''Grandes baigneuses'', cadro que tardou tres anos en completar.
 
[[Ficheiro:Pierre-Auguste Renoir, Le Moulin de la Galette.jpg|thumbminiatura|250px|Le Bal au Moulin da Galette]]
 
De [[1890]] a [[1900]], Renoir cambia novamente o seu estilo. Agora é unha mestura dos seus estilos impresionista e ingresco. Mantén os temas ''Ingres'' pero coa fluidez nas pinceladas do seu período impresionista. A súa primeira obra deste período '' Jeunes filles au piano'', é adquirida polo estado francés para ser exposta no Museo de Luxemburgo. En [[1894]], Renoir é pai por segunda vez. A aia dos seus fillos, Gabrielle Renard, convértese nun dos seus modelos preferidos.