Petróglifo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:767px-MtnSheepPetroglyph.jpeg|thumbminiatura|right|300px|Un petróglifo onde se ve unha caravana de ovellas de grandes cornos preto de Moab, Utah, EUA; un tema recorrente nos desertos norteamericanos.]]
 
Un '''petróglifo''' é unha representación gráfica gravada nas [[rocha]]s ou [[pedra]]s. Son o antecedente dos símbolos previos á [[escritura]] e o seu uso na [[comunicación]] data de hai uns 12.000 anos e chega aos tempos modernos, dependendo da cultura e o lugar, dándose sobre todo a partir do [[Neolítico]].
Liña 9:
 
==Interpretación==
[[Ficheiro:Qobustan Petroglyphs.jpg|thumbminiatura|300px|right|Petróglifos preto de Qobustan, ([[Acerbaixán]]).]]
 
Estas imaxes talladas na rocha probabelmente tiñan un sentido cultural e relixioso moi profundo para as sociedades que as crearon, sentido que en moitas ocasións perdeuse. Crese que moitos petróglifos representaban algún tipo de linguaxe ritual ou simbólico aínda non desvelado. Os glifos máis tardíos da [[Idade do Bronce]] Nórdica en Escandinavia parece que fan referencia a algún tipo de fronteira territorial entre [[tribo]]s, ademais dos significados relixiosos que tiveren. Tamén semella que existían dialectos locais ou rexionais entre pobos da mesma familia ou entre veciños. As [[inscricións en Siberia]] teñen formas que poderían ser o antecedente das [[runa]]s, aínda que de momento non se atopou ningunha relación entrámbolos dous e nin sequera se chegou a comprender o seu significado.
Liña 15:
Algúns investigadores decatáronse da semellanza existente entre diferentes estilos de petróglifos atopados en todos os continentes. Con todo, non debe ser difícil explicar estilos semellantes xa que todos os seres humanos inspiráronse no que lles rodeaba. Pode deberse a unha sinxela coincidencia, ou ben pode deberse ás migracións que levaron a cabo os diferentes grupos a partir dunha localización común, ou ben pode deberse a unha orixe igual para todos eles. En [[1853]], George Tate leu un traballo no Berwick Naturalist's Club, co que John Collingwood Bruce coincidía, e no que se sinalaba que os glifos tiñan "...unha orixe común, e indican un significado simbólico co que se representa un pensamento popular". Ao catalogar a arte rupestre escocesa, Ronald Morris chegou a contabilizar ata 104 teorías diferentes após a súa interpretación.
 
[[Ficheiro:Petroglyphs2-above Mesquite Springs-800px.JPG|thumbminiatura|300px|esquerda|Petróglifo en Mesquite Springs (Death Valley, Arizona).]]
 
Outras teorías, máis controvertidas, están baseadas na súa maioría na [[psicoloxía]] de [[Carl Jung]] e nos estudos do historiador [[Mircea Eliade]], segundo as cales é posíbel que a similitude dos petróglifos e doutros símbolos arquetípicos ou atávicos de diferentes culturas e continentes sexan o resultado dunha estrutura herdada xeneticamente no cerebro humano.