Pene: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Stone Phallus from the Roman Age Sexmuseum Amsterdam.jpg|thumbminiatura|200px|right|Representación artística dun pene, época romana.]]
 
O '''pene''' é o órgano masculino que intervén na excreción urinaria e en certas prácticas [[Sexo|sexuais]]. O pene en erección, en especial a súa representación, recibe o nome de '''[[falo]]'''. Intervén na expulsión do [[Seme|esperma]] e os ouriños e a súa forma e tamaño depende do grao de excitación sexual e doutros factores externos. É por tanto un órgano cunha función dupla: sexual e excretora.
Liña 13:
 
== Aspectos anatómicos e fisiolóxicos ==
[[Ficheiro:Male anatomy number.svg|thumbminiatura|200px|esquerda|'''Esquema do aparato reprodutor masculino''':<br />1.[[Vexiga urinaria]]. 2 Óso pubiano. 3 [[Pene]]. 4 Corpo cavernoso. 5 [[Glande]]. 6 [[Prepucio]]. 7 [[Uretra]]. 8 [[Colon sigmoides]]. 9 [[Recto]]. 10 [[Vesícula seminal]] 11 [[Conduto exaculador]]. 12 [[Próstata]]. 13 [[Glándula de Cowper]]. 14 [[Ano (anatomía)|Ano]]. 15 [[Vaso deferente]]. 16 [[Epidídimo]]. 17 [[Testículo]]. 18 [[Escroto]].]]
[[Ficheiro:Gray588.png|thumbminiatura|200px|esquerda|Sección transversal do pene.]]
 
=== Anatomía ===
Liña 47:
 
=== Fisioloxía ===
[[Ficheiro:penvein.png|thumbminiatura|200px|dereita|Disposición das arterias (arriba) e das veas (abaixo) nos corpos cavernosos e no corpo esponxoso.]]
[[Ficheiro:Ejaculation Educational Demonstration.OGG|thumbminiatura|Vídeo dunha exaculación]]
 
Para poder empregar o pene en actos de tipo sexual este debe estar en erección. A erección é produto da actividade rexistrada polos centros nerviosos superiores do [[cerebro]] (''erección psicóxena'') ou da estimulación da pel da rexión xenital (''erección reflexoxénica''). As febras nerviosas aferentes procedentes da rexión [[xenital]] esténdense polos [[nervio pudendo|nervios pudendos]] ata a a zona sacra da [[medula espiñal]]. Os impulsos no nervio cavernoso provocan a dilatación da arteria pudenda interna e das súas ramas principais.<ref name="pocock">{{cita libro| autor =POCOCK, G.| título =[http://books.google.com/books?id=OdkYwzh4800C&printsec=frontcover&dq=POCOCK&hl=es&ei=D-9RTPTaI5HQ4wbn-oixAw&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=1&ved=0CCoQ6AEwAA#v=onepage&q&f=false Fisiología humana: la base de la Medicina]| ano =2005| publicación =Elsevier España| id = ISBN 84-458-1479-6}} {{es}}</ref> A erección lógrase a través de dous mecanismos hidráulicos sinérxicos: por unha banda a ingurxitación dos corpos cavernosos do pene, a través da dilatación das arterias que o irrigan ao tempo que se contraen as vénulas correspondentes; por outra parte a compresión que exercen os [[músculo]]s isquiocavernosos contra o arco isquiático, que impide a drenaxe dos tecidos cavernosos. En definitiva, é a maior afluencia e menor evacuación de sangue o que fai cobrar volume e dureza ao pene.<ref>{{cita libro| autor =URROZ, C.| título =[http://books.google.com/books?id=K25RmJ28OCQC&pg=PA6&dq=URROZ&hl=es&ei=ZO9RTPyWA8GA4Qb-2P2bAw&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=3&ved=0CDMQ6AEwAg#v=onepage&q&f=false Elementos de anatomía y fisiología animal]| ano =1991| publicación =EUNED| id = ISBN 9977-64-602-3}} {{es}}</ref>
Liña 54:
Os nervios pudendos proporcionan respostas sensoriais que manteñen a erección durante a estimulación xenital, e que proveñen na súa meirande parte dos receptores táctiles cutáneos existentes no glande. A emisión e a exaculación son considerados os estadios finais do acto sexual masculino. Cando a estimulación sexual se fai moi intensa as contraccións rítmicas no conduto deferente e na ampola impulsan aos espermatozoides cara ao conduto exaculador, e a continuación segrégase líquido prostático e contráense as vesículas seminais. Este proceso chámase emisión. A exaculación é a expulsión do líquido ao exterior a través do pene. Durante a exaculación péchase o [[esfínter vesical]] para evitar a saída da urina da vesícula e o retroceso do seme, e prodúcense contraccións musculares que conducen o líquido seminal ao longo do pene. A exaculación adoita ir acompañada dunha sensación pracenteira chamada [[orgasmo]].<ref name="pocock"/> A exaculación prodúcese normalmente co pene en erección, pero tamén pode acontecer en semierección ou co pene en estado fláccido. Certos estados patolóxicos poden provocar que se produza un orgasmo sen exaculación ou unha exaculación sen orgasmo. Os orgasmos múltiples son excepcionais e sempre acontecen durante a [[adolescencia]] e en homes de ata 20 anos de idade, tras un período de aprendizaxe e adestramento no que aprenden a separar exaculación de orgasmo.<ref name="arrondo"/>
 
[[Ficheiro:Labelled flaccid penis es.jpg|thumbminiatura|200px|esquerda|Morfoloxía externa dos xenitais masculinos.]]
[[Ficheiro:Erect penis uncut.jpg|thumbminiatura|200px|esquerda|Morfoloxía externa típica do pene en erección.]]
 
=== Morfoloxía ===
Liña 120:
 
=== Relixión e superstición ===
[[Ficheiro:0007MAN-Herma.jpg|thumbminiatura|100px|dereita|[[Hermes]], en [[Siphnos]].]]
 
Ao longo da historia practicamente todas as relixións empregaron o falo como símbolo de fecundidade, moitas veces herdado de substratos mitolóxicos anteriores aos que se lles daba un tratamento asimilador á nova fe.