Pedro, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 28:
Pedro formou parte do grupo dos [[doce apóstolos]]; case invariablemente, os evanxelistas noméano á cabeza do grupo. Foi un dos tres discípulos íntimos, que, segundo a [[Biblia]], foron testemuñas da transfiguración de Xesús<ref>Novo Testamento. Marcos 9:1</ref>. Tras crer que Xesús era o Mesías agardado<ref>Novo Testamento. Marcos 8:29</ref>, recibiría del a profecía de que sería a base da Igrexa. Niso baséase a tradición católica que fai del bispo de [[Roma]] e cabeza da Igrexa, cargo que Pedro ocupou denantes de morrer.
 
[[Ficheiro:Cambados, capela do Hospital 02-02b.jpg|thumbminiatura|300px|Marcos, 14:30: ''Hoxe, esta mesma noite, antes que cante o galo por segunda vez, ti negarasme tres veces'' (San Pedro, no retablo da capela do Hospital (Cambados).]]
Os evanxeos recollen tamén a profecía de Xesús de que Pedro o traizoaría tres veces. Conforme os evanxeos, aínda cando a noite da derradeira cea Pedro xurou non apartarse de Xesús, ao seren interrogados polos soldados do Sumo Sacerdote que o detiveran, negou tres veces coñecelo antes do galo cantar, é dicir, antes de que a noite rematase<ref>Novo Testamento. Mateo 26:69-75, Marcos 14:66-72, Lucas 22:54-62, Xoán 18:25-27</ref>. Logo da [[resurrección]] segundo relata [[Xoán Evanxelista]]<ref>Novo Testamento. Xoán 21:15-17</ref>, Xesús [[aparición|aparéceselle]] aos discípulos, dirixíse a Pedro e faille reafirmar tres veces o seu amor por el.
 
Liña 36:
 
== Morte ==
[[Ficheiro:Caravaggio-Crucifixion of Peter.jpg|thumbminiatura|esquerda|Crucifixión de Pedro, obra de [[Caravaggio]].]]
A tradición narra que Pedro acabou os seus días en [[Roma]], onde foi [[bispo]], que alí morreu martirizado baixo o mandato de [[Nerón]] no [[Circo Vaticano]], e que foi sepultado a pouca distancia do lugar do seu [[martirio]] no ano [[258]]<ref>Donald Attwater. A Dictionay of the Popes. The Catholic Book Club, [[Londres]], 1939.</ref> onde a principios do [[século IV]] o emperador [[Constantino I o Grande|Constantino]] mandou construír a gran basílica [[Vaticano|vaticana]]. Un texto da [[Primeira epístola de San Pedro]] que envía saúdos dende "a Igrexa que está en [[Babilonia]]"<ref>Novo Testamento. 1Pedro 5:13</ref> interpretouse tamén moitas veces en sentido figurado, como sinal de que Pedro escribía dende [[Roma]]. En todo caso, é concluínte a evidencia de que, cando Paulo escribiu a súa [[Epístola aos romanos]], Pedro non se atopaba na cidade. O primeiro que menciona a Pedro como bispo de Roma é [[Ireneo de Lión]], xa no [[século II]].
 
Liña 75:
 
== Parroquias galegas ==
[[Ficheiro:Advocacións de San Pedro en Galicia.png|350 px|esquerda|thumbminiatura|Mapa coas advocacións de San Pedro en Galicia, unha das máis numerosas.]]
San Pedro apóstolo é titular de 322 parroquias en Galicia, e patrón dos concellos de [[Melide]], [[Miño]] e [[O Pino]] (na Coruña); [[Muras]] e [[Riotorto]] (en Lugo); [[Leiro]], [[Quintela de Leirado]] e [[Xunqueira de Ambía]] (en Ourense); e [[Agolada]], [[Crecente]] e [[Nigrán]] (en Pontevedra).
 
Liña 83:
No pasaxe do Evanxeo de Mateu en que Xesús nomea a Pedro base da Igrexa, o evanxelista engade que recibirá as chaves do Ceo e da terra<ref>Novo Testamento. Mateu 16</ref>. Esta é probablemente a base da representación habitual de Pedro na iconografía como portador dun par de [[chave (pechadura)|chaves]], que constan tamén na [[Escudo de Cidade do Vaticano - Civitas Vaticana|heráldica vaticana]].
 
[[Ficheiro:Lalín, Santiso, San Román 01-09.JPG|thumbminiatura|250px|San Pedro (San Román de Santiso, Lalín)]]
A representación convencional de Pedro amósao xa ancián, portando as chaves. Entre os seus atributos cóntanse tamén o barco (pola súa profesión), o libro e o galo (pola súa traizón). Ocasionalmente revísteselle dos atributos do seu cargo bispal ou papal, se ben as tradicións relativas a estes non se fixaron ata moito máis tarde. As escenas do seu martirio preséntano polo xeral cabeza abaixo.