Paulo Orosio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Repercusión: ligazón
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Paulo Orosio - Detalle.jpg|thumbminiatura|250px|Paulo Orosio, representado nunha miniatura pertencente ao códice de Saint-Epure.]] '''Paulus Orosius''', chamado tamén '''Paulo Orosio''' ou simplemente '''Orosio''', nado aproximadamente en [[383]] e falecido quizais en [[420]], foi un [[Historiografía|historiador]] e [[teoloxía|teólogo]] da [[Gallaecia]], posiblemente natural de ''[[Bracara Augusta]]'' (o que hoxe se coñece como [[Braga]], [[Portugal]]). Foi unha figura de gran prestixio cultural, que tivo contacto coas grandes personalidades da súa época, como [[Agostiño de Hipona]] ou [[Xerome de Estridón]] e autor da ''[[Historiae adversus paganos]]'', unha narración histórica desde a creación do mundo ata a súa contemporaneidade.
 
== Interrogantes sobre a súa figura ==
Liña 6:
 
=== Lugar de orixe ===
[[Ficheiro:Vista braga.jpg|thumbminiatura|250px|Panorámica de Braga na actualidade]]En canto á súa orixe, existen catro teorías:
 
* Nacemento en [[Bracara Augusta]]: é a idea máis aceptada por ser a que máis puntos de apoio ten. Se non fose Braga, polo menos habería que pensar nunha zona da contorna da [[Gallaecia]]. Para esta afirmación pódese recorrer á propia obra de Orosio, ou a dúas epístolas de Agostiño de Hipona, a 166 e a 169.
Liña 54:
=== Commonitorium e Liber Apologeticus ===
 
[[Ficheiro:Sandro Botticelli 050.jpg|thumbminiatura|250px|O ''Commonitorium'' e as ''Historiae'' responderon, polo menos en orixe, á influencia directa que [[Agostiño de Hipona]] exerceu sobre Orosio.]]Aínda que o escrito máis importante de Paulo Orosio foi a ''Historiae Adversus Pagáns'', tamén hai que ter en conta as outras dúas obras que se conservan do autor, coñecidas xeralmente como ''Commonitorium'' e ''Liber Apologeticus''<ref>TORRES RODRÍGUEZ, Casimiro. ''Paulo Orosio. Su vida y sus obras''. [[A Coruña]]: [[Fundación Pedro Barrié de la Maza]], 1985, p. 18.</ref>.
 
O nome completo do primeiro libro é ''Consultatio sive commonitorium ad Augustinum de errore Priscillianistarum et Origenistarum'' (en [[lingua galega|galego]]: ''Consulta ou advertencias a Agostiño verbo do erro dos Priscilianistas e dos Orixenistas'')<ref>BELTRÁN CORBALÁN, Domingo, GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Rafael e MARTÍNEZ CAVERO, Pedro, '[http://ddd.uab.es/pub/faventia/02107570v21n1p65.pdf El Commonitorium de Orosio: traducción y comentario]', in ''Faventia: Revista de filología clàssica'', 21:1999, p. 65.</ref>. En principio é unha obra destinada a Agostiño e xa que logo a súa data de redacción tería como límite a da súa chegada a [[África]], entre 409 e 414<ref>BELTRÁN CORBALÁN, Domingo, GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Rafael e MARTÍNEZ CAVERO, Pedro, '[http://ddd.uab.es/pub/faventia/02107570v21n1p65.pdf El Commonitorium de Orosio: traducción y comentario]', in ''Faventia: Revista de filología clàssica'', 21:1999, p. 66.</ref>. O segundo límite cronolóxico atópase en 415, data aceptada de publicación da obra ''Liber ad Orosium contra Priscillianistas et Origenistas'', onde Agostiño responde ao ''Commonitorium'' de Orosio<ref>BELTRÁN CORBALÁN, Domingo, GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Rafael e MARTÍNEZ CAVERO, Pedro, '[http://ddd.uab.es/pub/faventia/02107570v21n1p65.pdf El Commonitorium de Orosio: traducción y comentario]', in ''Faventia: Revista de filología clàssica'', 21:1999, p. 67.</ref>.
Liña 64:
=== Historiae adversus paganos ===
 
[[Ficheiro:Paulo Orosio - Lámina siglo VI.jpg|thumbminiatura|250px|Lámina dun códice das ''Historiae'' de Orosio, que se conserva en [[Florencia - Firenze|Florencia]].]]A grande obra de Paulo Orosio é ''Historiae adversus paganos'', a única histórica. A data de elaboración do libro presenta problemas, pois non existe unha teoría unanimemente aceptada. De todos os xeitos, a liña máis tradicional sitúa a redacción das ''Historiae'' entre 416 e 417.
 
Unha definición clara e concisa sobre o libro histórico de Orosio é a dunha "obra histórica universalista de carácter apoloxético e [[Providencialismo|providencialista]], cuxo fin primordial é comparar un pasado pagán cun presente cristián a través dos seus homes, as súas accións e o seu medio xeográfico e temporal"<ref>RÁBADE NAVARRO, Miguel Ángel, 'Una interpretación de fuentes y métodos en la Historia de Paulo Orosio', in ''Tabona. Revista de Prehistoria, Arqueología y Filología Clásicas'', 32:1985-1987, p. 377.</ref>.
Liña 95:
== Repercusión ==
 
[[Ficheiro:Historias de Orosio - Colofón.jpg|thumbminiatura|175px|Colofón dun incunable da ''Historiae adversus paganos'' de Paulo Orosio, un dos libros máis copiados do Medievo.]]Tomando por certo o suposto distanciamento entre Paulo Orosio e Agostiño de Hipona nos treitos finais da vida do primeiro, isto non tivo que producirse por mor das ''Historias'', e en calquera caso non afectou a súa distribución e repercusión.<ref>TORRES RODRÍGUEZ, Casimiro. ''Paulo Orosio. Su vida y sus obras''. [[A Coruña]]: [[Fundación Pedro Barrié de la Maza]], 1985, p. 80</ref>. Desde a súa confección, e ata o [[Renacemento]], a obra de Orosio foi tomada como unha das principais obras da historiografía hispana, e o éxito fixo en boa medida que se conservasen os outros dous escritos do autor.
 
''Historiae Adversus Pagáns'' é unha obra citada por todo tipo de autores, desde [[Braulio de Zaragoza]] ata [[Dante Alighieri]]. [[Lope de Vega]] deulle un papel a Paulo Orosio na súa obra ''El cardenal de Belén'', o que dá boa conta da lonxevidade da fama de Orosio. Tamén [[Castelao]] se refire a Paulo Osorio no libro Primeiro do ''[[Sempre en Galiza]]'', sinalándoo como unha das pasadas glorias de [[Galicia]].