Paul Morand: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JYBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: mzn:پل موران
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:MorandPaul.jpg|thumbminiatura|right|Paul Morand.]]
 
'''Paul Morand''', nado en [[París]] o [[13 de marzo]] de [[1888]] e finado na mesma cidade o [[23 de xullo]] de [[1976]], foi un novelista, ensaísta, poeta e diplomático [[Francia|francés]]. Está considerado un dos pais do estilo moderno en [[literatura]], así como un referente da denominada dereita literaria francesa.
Liña 6:
Un peso importante na vida de Morand recaeu na figura do pai, [[Eugène Morand|Eugène]], quen ocupara en París varias funcións vinculadas á [[arte]]: conservador do Depósito de mármores en 1902, director da Escola Nacional Superior das Artes Decorativas en 1908. Frecuenta asi mesmo os poetas, tal que o círculo de [[Mallarmé]], os artistas e os escultores, entre eles [[Rodin]]. Paul Morand viaxou repetidas veces a [[Londres]] durante a súa mocidade en 1902, 1903, 1904, 1908, 1909 e 1913. Visita tamén [[Venecia]] e, cada verán, queda durante un mes preto do [[Lago de Como]].
 
[[Ficheiro:Institut de France - Académie française et pont des Arts.jpg|thumbminiatura|right|350px|Sede da Academia francesa á que Paul Morand pertenceu.]]
 
Suspendeu o oral de filosofía no bacharelato, en 1905. [[Jean Giraudoux]] converteuse no seu preceptor e Paul transformouse daquela nun alumno asiduo. Ingresa na Escola Libre de Ciencias Políticas. Máis tarde acadou un posto na Plataforma de Orsay e comezou a frecuentar os medios literarios, coñecendo alí a [[Marcel Proust]] e e compondo os seus primeiros poemas, malia que non será até 1921 cando verdadeiramente lle finque o dente á literatura coa publicación da súa primeira obra en prosa, ''Tenras existencias'', un libro de noticias prologado por Proust.