Diferenzas entre revisións de «Orquídea»

m
Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m (Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|))
 
== Morfoloxía ==
[[Ficheiro:Labelle orchidee.png|thumbminiatura|esquerda|150px|Disposición dos pétalos (P) dunha flor de orquídea: sépalos (S) - labelo (L)]]
De maneira xeral as orquídeas comparten características exclusivas marcantes. Son normalmente [[herbas]] [[epífita]]s, terrestres, [[litófita]]s, [[psamófita]]s, [[saprófita]]s ou raramente acuáticas, frecuentemente [[rizomatosa]]s, con raíces robustas cubertas por un tecido esponxoso chamado [[velame]]. As follas presentan morfoloxía variada, mais son case sempre alternas e dísticas. O caule pode moitas veces presentarse coprimido verticalmente e espesado, e é a iso que chaman [[pseudobulbo]]. As [[inflorecencia]]s poden ter de 1 a centenas de flores, de acordo coa especie, e poden ser apicais, laterais ou basais.
 
Nas rexións tropicais húmidas, onde a luz e a humidade son abundantes, porén a competición con especies arbóreas é moi forte, as orquídeas asumen un hábito predominantemente epifítico. En busca de luz baixo a sombra de árbores de máis de 40 metros de altura, estas herbas crecen sobre os gallos e troncos, a alturas variadas de acordo coas necesidades de cada especie. As súas raíces, expostas ao ar, obteñen a maior parte dos nutrientes do material en decomposición ao seu redor, da auga da chuvia que lava as follas das árbores no alto, ou da poeira existente no ar. Mesturado co [[velame]], existe un [[Fungo (bioloxía)|fungo]] chamado [[micorriza]], que auxilia na descomposición de materia orgánica e transformación desta en sales minerais, para facilitar a súa absorción. En casos extremos de humidade, as orquídeas poden absorber toda auga e os nutrientes polos poros nas súas follas, relegando as raíces apenas a función de sustentar a planta sobre o substrato. Ningunha orquídea asume a función de [[parasito|parasita]], ou sexa, a súa presenza non prexudica os seus hospedeiros (aínda que haxa casos excepcionais en que o gallo dunha árbore non soporte o peso dunha gran colonia de orquídeas e veña a quebrar).
 
[[Ficheiro:Spathoglotis_plicata.jpg|thumbminiatura|''Spathoglottis plicata'', especie asiática de hábito terrestre.]]En rexións de clima temperado, onde o panasco é predominante, así como nas áreas de [[sabana]] e [[campo rupestre|campos rupestres]], as orquídeas son basicamente plantas terrestres, con raíces subterráneas ben desenvolvidas, ás veces coa formación de [[tubérculo]]s. Nestas áreas de clima sasonal, as plantas normalmente pasan por un estadio de dormencia, en que, moitas veces, a súa parte aérea seca para evitar danos á súa [[fisioloxía]] debido á seca, ou ao frío extremo.
 
De volta ás selvas tropicais, tamén hai moitas especies terrestres, mais estas manténse en desenvolvemento o ano enteiro. A gran cantidade de materia orgánica dispoñíbel no solo da selva favorece o surximento dalgunhas poucas especies saprófitas, orquídeas desprovidas de [[clorofila]] que obteñen toda a materia orgánica que precisan do material en descomposión ao seu redor.
Algunhas flores poden asumir formas extremas. As orquídeas do xénero europeo ''Ophrys'', por exemplo, presentan a cor e a forma do labelo, ornado por cerdas, de maneira tal que se asemellan a femias dunha certa especie de abellas. De forma que o macho, atraído pola [[feronoma]] producida pola propia flor e pola súa forma, copula con esta por engano, levando consigo as polinias, que depositará na próxima flor que visitar.
 
[[Ficheiro:Angraecum_infundibulare.jpg|thumbminiatura|esquerda|''Angraecun infundibulare'', especie asiática polinizada por bolboretas nocturnas.]]
Outras, como o xénero ''Angraecun'' das [[Filipinas]], con flores nocturnas, producen [[néctar]] en tubos extremamente longos na base dos labelos, de modo que soamente certas bolboretas nocturnas con [[probóscide]]s igualmente longas, poden alcanzalo. Ao posicionarse diante das flores, as bolboretas baten a súa cabeza nas anteras, facendo que as polinias sexan tiradas e presas en si.
 
Pola súa beleza única, as orquídeas son extensivamente cultivadas, e o seu comercio move fortunas todos os anos de maneira crecente. Mais como son tantas especies diferentes de ambientes diferentes, é imposíbel presentar os coidados básicos de cultivo para todas elas de maneira xeral. Así, o primeiro paso para cultivar unha orquídea con éxito é a identificación correcta da especie en cuestión. Ter contacto con outros orquidófilos máis expertos pode ser útil no caso de que surxa unha planta descoñecida que se queira cultivar. Desta forma pódese decidir con precisión a iluminación, o réxime de regas, o [[substrato]], e outros factores necesarios para o éxito no cultivo.
 
[[Ficheiro:Brassocattleya_star-ruby-flor.jpg|thumbminiatura|''Brassocattleya'' "Star Ruby", híbrido entre ''Brasía'' e ''Cattleya'']]
Unha cousa é certa, as orquídeas de maneira xeral non son plantas delicadas e fráxiles como algúns consideran. Polo contrario, estas plantas (principalmente as providas de pseudobulbo) son extremamente resistentes, e poden sobrevivir durante días fóra dun substrato. A súa capacidade de supervivencia permítelles que teñan tempo para adaptar a súa fisioloxía a novas condicións despois do replantío. Os híbridos, pola súa vez, son de maneira xeral extremamente resistentes, e poden prosperar mesmo en condicións adversas de cultivo, crecendo máis rápido que as especies ditas "naturais".
 
== Produción ==
 
[[Ficheiro:Orquidea.jpg|thumbminiatura|''Catasetun'' spec.]]
As orquídeas poden ser producidas en larga escala grazas á resistencia das súas mudas na maioría das especies, á cantidade de sementes producidas en cada froito, e á posibilidade de reprodución de [[meristema]]s ''[[in vitro]]''.
 
== Orquídeas máis populares ==
 
[[Ficheiro:Laelia_alaorii-flor.jpg|thumbminiatura|right|''Laelía alaorii'', especie nativa do Brasil central.]]
Estes son algúns dos xeneros máis cultivados de entre as orquídeas (hai de se lembrar que ao clima de cada rexión, certas especies de orquídea se adaptan mellor que outras, de forma que a lista seguinte contén xéneros que poden prosperar nunha rexión mais non noutra):
 
 
 
[[Ficheiro:Orchid2.JPG|thumbminiatura|right|Flor dunha orquídea, Phalaenopsis]]
* ''Epidendrum''
* ''Brasía''
103.099

edicións