Océano Atlántico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 2:
O '''océano Atlántico''' é o [[océano]] que separa [[Europa]] e [[África]], ao leste, de [[América]], ao Oeste. Ten unha área de 82.400.000 km² (106.200.000 km², incluíndo os mares locais como o [[Mar Mediterráneo]], o que corresponde a aproximadamente un terzo das augas oceánicas mundiais).
 
[[Ficheiro:Clouds over the Atlantic Ocean.jpg|esquerda|thumbminiatura|300px|Nubes sobre o océano, en [[Brasil]]]]
 
== Xeografía ==
Liña 16:
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Atlantic bathymetry.jpg|thumbminiatura|240px|[[Batimetría]] atlántica]]
Os antigos, que chamaban ao Atlántico ''mar Tenebroso'' ou ''mar Océano'', coñecían só as costas situadas entre o norte das illas Británicas e as Canarias. Do século VIII ao XI, os normandos frecuentaron as praias de [[Noruega]], [[Islandia]], [[Grenlandia]], [[Spitsberg]] e [[Nova Escocia]], no actual [[Canadá]]. Ata o final da [[Idade Media]], só se facían navegacións costeiras, indo ata o [[Cabo Boxador]] (ao que chegaron os navegadores portugueses en [[1434]]). No [[século XV]] os portugueses intensificaron a exploración da costa da [[África]] e, ao mesmo tempo, desenvolveron técnicas de navegación que permitiron viaxes por alto mar. A navegación por latitudes (determinadas pola observación da altura da estrela Polar ou do Sol ao mediodía, técnica desenvolvida por volta de [[1485]]) foi facilitada polo uso de instrumentos como o [[Compás (navegación)|compás]] e mailo [[astrolabio]]. Outro factor decisivo foi o estudo do rexime dos ventos no Atlántico: en [[1439]], as informacións existentes xa permitían unha navegación asidua e segura. Esas técnicas, aliadas aos novos navíos desenvolvidos polos portugueses (as carabelas, de maior porte, calado máis alto e común sistema de velas que permitía o aproveitamento dos ventos, mesmo en sentido contrario) permitirían o recoñecemento da costa da [[África]] e as primeiras incursións en alto mar; hai aínda informacións de que no [[século XV]] os portugueses terían explorado tamén o Atlántico Norte, xuntando coñecementos que máis tarde facilitaron a viaxe de [[Cristovo Colón]] na primeira travesía documentada do Océano.