O vixía no centeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 74:
 
==Personaxes==
[[Ficheiro:Campaspero desde las cercanías de Minguela (camino de las Mingueleras).JPG|thumbminiatura|250px|right|Campo de centeo.]]
 
O protagonista é '''Holden Caulfield''', un mozo de 16 anos, moi delgado e co lado dereito da cabeza cheo de canas. Vive en New York, é moi mal estudante, e xa o botaron de 4 colexios. Adoita mentir sen razón algunha, só por diversión ou para evitar dar explicacións. Odia a hipocresía (se ben en moitas ocasións recoñece que el actúa dese xeito), a falsedade, a xente creída e as palabras cursis e cultas, pero sobre todo que a xente lle minta. É moi amable e carismático, aínda que en ocasións é moi sarcástico e mesmo desagradable. Malgasta os cartos con moita facilidade. Recoñécese como covarde, e ten a manía de acender mistos cando está de mal humor. Fuma moito, e xoga ben ao golf. É virxe e non entende o sexo. Quería moito o seu irmán Allie, xa falecido.