O Nadal na cultura popular galega: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|) |
|||
Liña 1:
[[Ficheiro:Meis San Salvador 02-03.jpg|
As '''festas do Nadal en Galicia''' comparten rituais coa mesma festividade de [[Nadal]] noutros lugares, aínda que se poden destacar algunhas peculiaridades. Comprenden diferentes celebracións entre os días [[24 de decembro]] e o [[6 de xaneiro]] e teñen como eixo a conmemoración do nacemento de [[Xesús]], malia que os etnógrafos concordan en que as verdadeiras raíces son moi anteriores e están relacionadas co [[solsticio]] de inverno sobre as que houbo unha superposición relixiosa <ref>[[Baldomero Iglesias Dobarrio|Baldomero Iglesias ''Mero'']] afirma que "''Chega así o ciclo de Nadal, unha superposición relixiosa por riba de ritos ancestrais e pagáns do solsticio de inverno que se perden na noite dos tempos, que mudaron a celebracións do fin de ano solar en celebración do Nacemento dun Deus-Neno''" [http://www.galiciadigital.com/images/especiales/especiales/nadal/vilancicos.php].</ref>.
==Noiteboa==
[[Ficheiro:Cuntis, Arcos, Furco 02-08.JPG|
{{AP|Noiteboa}}
Liña 15:
===O ''Belén''===
[[Ficheiro:Caldas, Bemil, Santa María 04-10.JPG|
[[Ficheiro:Cambados igrexa de San Francisco 02-09c.jpg|
Aínda que a primeira representación dun nacemento dentro da celebración no Nadal foi idea de San [[Francisco de Asís]] na noiteboa de [[1223]], a introdución do costume en Galicia debeu de ser tardía, segundo Taboada Chivite. Da escena do nacemento e da [[Epifanía]] poden atoparse xa exemplos nos [[tímpano (arquitectura)|tímpanos]], [[retablo]]s e [[baldaquino]]s de moitas igrexas medievais, como se mencionará máis adiante. Un dos máis antigos en terras galegas pode se-lo relevo que se expón no [[Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense]], procedente do desaparecido mosteiro de [[Camba, Castro Caldelas|San Xoán de Camba]] ([[Castro Caldelas]]), de mediados do século X [http://www.musarqourense.xunta.es/pdfs/pezasmes/pm_2001_12_gal.pdf].
Liña 90:
==Santos Inocentes==
[[Ficheiro:Giotto-innocents.jpg|
O [[28 de decembro]] celébrase a matanza dos nenos de [[Belén]] que decretara [[Herodes o Grande|Herodes]] para acabar con Xesús. Nesta data fanse bromas uns ós outros, denominadas especificamente ''inocentadas''. Crese que non se debe traballar neste día porque, senón, os Inocentes vingaranse de quen o faga, levando ó fracaso todo o que intenten facer. Crese tamén que as manchas na pel dalgunhas persoas débense a que a nai traballara neste día estando [[embarazo|embarazada]].
Liña 122:
==Reis==
[[Ficheiro:Santiago, San Bieito do Campo 01-01c.JPG|300px|
O [[6 de xaneiro]] dáse por certo que chegaron os [[Reis Magos]] ó portal de Belén a honrarlle con [[ouro]], [[incenso]] e [[mirra]]. De aí o costume de facer regalos ós meniños.
|