Jean-de-Dieu Soult: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.2) (Bot: Engado: eo:Marŝalo Soult
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 4:
Entrou no exército en [[1786]] á idade de dezaseis anos e foi ascendido a segundo tenente en [[1791]] e a capitán dous anos despois. Participou en diversas accións de guerra durante a [[Convención]], pero destacou especialmente na vitoria conseguida en [[Fleurus]], a mediados de 1794, polo que foi nomeado xeneral. Demostrou as súas dotes como estratega militar nas campañas de [[Suíza]] e [[Italia]] entre [[1799]] e [[1800]], nas que estivo ás ordes do xeneral [[André Masséna]]. [[Napoleón]] deulle o mando militar do [[Piemonte]] e posteriormente dirixiu a Garda consular. Ascendeu a mariscal en [[1804]], un día antes da proclamación de Napoleón como emperador. En 1805 contribuiu decisivamente na vitoria napoleónica na [[Batalla de Austerlitz]]. Tamén estivo presente na guerra contra [[Rusia]] e [[Prusia]] dende [[1806]] até [[1817]]. Foi gobernador da vella Prusia e recibiu o título de duque de [[Dalmacia]].
 
A finais de [[1807]], foi enviado a [[España]], tomou [[Burgos]] e [[A Coruña]] (na [[Batalla de Elviña]]) pero foi derrotado na campaña de [[Portugal]] por [[Wellington]]. A mediados de [[1809]], o emperador nomeouno xeneral maior das forzas francesas en España, pouco despois obtivo unha decisiva vitoria na [[Batalla de Ocaña]]. Durante [[1810]] foi xeneral en xefe do exército de [[Andalucía]]. A principios do ano seguinte invadiu [[Extremadura]] e ocupou [[Badaxoz]], pero foi derrotado no enfrontamento da [[Albuera]] coas tropas anglo-españolas.[[Ficheiro:Soult2.jpg|Right|150px|thumbminiatura|Nicolas Jean de Dieu Soult, Duque de Dalmacia, [[Mariscal]] de Francia con Napoleón e [[Ministro (goberno)|Ministro]] con [[Luís XVIII]] e [[Luís Filipe de Orleáns]].]]
 
En [[1812]] tivo serios enfrontamentos con [[Xosé I]], polo que Napoleón cambiouno de frente, e durante uns meses loitou no [[Rin]]. En [[1813]], cando as forzas imperiales comezaron a flaquear en España, foi posto novamente á fronte das tropas da península, fracasando no seu intento de recuperar as prazas de [[Pamplona]] e [[Donostia]], e ao ano seguinte de novo foi derrotado polas forzas de Wellington en [[Orthez]] e [[Toulouse]], cando tentaba que o exército británico non entrara en territorio francés.