Mitoloxía celta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 3:
A '''mitoloxía celta''' é unha serie de relatos da aparente relixión dos [[celta|celtas]] na [[idade de ferro]]. Ó igual que outras culturas [[sociedade indoeuropea|indoeuropeas]] neste período, os primeiros celtas mantiveron unha mitoloxía [[politeísmo|politeísta]] e unha estrutura relixiosa. Entre o pobo celta en estreito contacto con [[Roma]], como os galos e os celtiberos, esta mitoloxía non sobreviviu ó [[imperio romano]], debido á súa conversión ó [[cristianismo]] e á perda dos seus idiomas orixinais, aínda que ironicamente foi a través de fontes romanas e cristiás, contemporáneas, que coñecemos detalles sobre as súas crenzas.
 
[[Ficheiro:Triskele-Symbol-spiral-five-thirds-turns.svg|250px|esquerda|thumbminiatura|O tríscele é un dos símbolos máis característicos da cultura celta, espallado en moitas e diversas formas ó longo da Europa.]]
 
En contraste, a comunidade celta que mantivo as súas identidades políticas ou lingüísticas (tales coma as tribos de escotos e bretóns das [[Illas Británicas]]) transmitiu xeralmente vestixios remanentes das mitoloxías da idade do ferro, as cales foron rexistradas a miúdo de forma escrita na [[Idade Media]].