Miofibrila: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: et:Lihaskiud
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Synapse diag3.png |thumbminiatura|Fibra muscular (3) con '''miofibrilas (4)''', e unha motoneurona (1) establecendo sinapse (2) con ela.]]
 
Unha '''miofibrila''' é unha estrutura contráctil que atravesa as [[célula]]s do [[tecido muscular]] e lles dá a capacidade de contracción e de elasticidade, a cal permite realizar os movementos característicos do [[músculo]]. As miofibrilas esténdense dun extremo a outro da [[fibra muscular]] (célula muscular), onde están agrupadas en feixes.
Liña 6:
 
==Estrutura e composición das miofibrilas==
[[Ficheiro:Myofibril.svg|thumbminiatura|300px|esquerda|Diagrama da estrutura dunha miofibrila.]]
[[Ficheiro:Myosine.gif|esquerda|350px|thumbminiatura|Porción terminal da molécula de miosina, na que se ven as cabezas globulares responsables da contracción muscular.]]
 
As miofibrilas están formadas por filamentos proteicos chamados [[miofilamento]]s, que poden ser finos ou grosos. Na fibra muscular estriada esquelética as miofibrilas constan dun paquete de miofilamentos, son paralelas e esténdense lonxitudinalmente por toda a célula. Nas miofibrilas obsérvase unha sucesión de bandas claras e escuras. Os filamentos finos da miofibrila están formados pola proteína [[actina]], que forma as bandas I claras. Os filamentos grosos están formados pola proteína [[miosina]], que forma as bandas H escuras. Hai zonas onde ambos os miofilamentos se superpoñen, que son as bandas A. O patrón repetido de bandas ao longo da miofibrila mostra que están formadas por agrupacións de filamentos chamdaos [[sarcómero]]s, situados un detrás doutro todo ao longo da miofibrila. O esvaramento dos miofilamentos finos e grosos no sarcómero é a causa da contracción muscular.
Liña 22:
 
==Sarcómero==
[[Ficheiro:Sarcomere.svg|300px||thumbminiatura|Modelo do esvaramento dos filamentos no proceso da [[contracción muscular]].]]
As estriacións claras e escuras obsevadas nas miofibrilas e na célula muscular denomínanse bandas I (claras) e bandas A (escuras). No medio da banda A está a banda H máis clara (no seu centro está a liña M escura), e no medio da banda I está a banda Z máis escura. O [[sarcómero]] defínese como o segmento de fibra comprendido entre dúas bandas escuras Z. Nunha fibra hai moitos destes sarcómeros un detrás do outro, en toda a súa lonxitude. A banda Z é a zona con material denso onde un sarcómero se une ao seguinte e está á altura dos túbulos T. A banda I clara está ocupada só pola [[actina]].
A banda A escura representa a zona de superposición das proteínas actina e miosina que forman a miofibrila, pero no seu centro hai unha zona ocupada só por [[miosina]] (sen superposición), que é a banda clara H, a cal se fai máis pequena durante a contracción, xa que durante a contracción aumenta a zona de superposición da actina e a miosina. De feito, a contracción muscular é o resultado do esvaramento das fibras de actina e de miosina, que ten como resultado o acurtamento do sarcómero. Como todos os sarcómeros se contraen coordinadamente, toda a fibra muscular se contrae.
 
== Tipos de fibra muscular e miofibrilas ==
[[Ficheiro:Muskelfibrille_(Sarkomer).PNG|thumbminiatura|Tres sarcómeros seguidos.]]
[[Ficheiro:Gray375.png|thumbminiatura|250px|'''A.''' Porción dunha [[fibra muscular]] estriada esquelética humana de tamaño mediano ampliada case 800 veces. '''B.''' Paquetes separados de miofibrilas ampliados.]]
Como exemplo de [[fibra muscular]] describiremos os compoñentes da fibra muscular '''estriada esquelética''', típica dos músculos unidos ao esqueleto, responsables da locomoción e movementos. A "fibra muscular" é a célula muscular ([[miocito]]). Estas células teñen forma cilíndrica moi longa e reúnense en fascículos, formando os [[músculo]]s esqueléticos. A súa membrana chámase sarcolema e a súa matriz citoplasmática sarcoplasma. Son células multinucleadas, con ata centos de núcleos, situados en zonas periféricas e superficiais da célula. No sarcoplasma hai gránulos de [[glicóxeno]], [[encima]]s, moléculas enerxéticas como o [[Adenosín trifosfato|ATP]] e a [[fosfocreatina]], [[mioglobina]] e outros metabolitos.