Maó: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 24:
 
== Nome oficial ==
[[Ficheiro:Mao centre.JPG|thumbminiatura|esquerda|250px|Centro da vila de Maó]]
Consonte o publicado no BOE de 6 de setembro de 2006, que recolle o acordo adoptado polo Consello Insular de Menorca a data de 27 de febreiro do mesmo ano, '''Maó''' é a única forma oficial deste topónimo menorquín a todos os efectos e substitúe á forma castelá oficial ate aquela altura: ''Mahón''.
 
Liña 33:
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Mahon Hafen.jpg|250px|esquerda|thumbminiatura|Vista do porto de Maó]]
Maó áchase localizado sobre un porto natural do [[Mediterráneo]] occidental. Foi fundado por un dos xenerais [[Cartago|cartaxineses]] e irmán de [[Aníbal]], [[Magón]], polo que os romanos, unha vez que a anexionaron, chamárona ''Portus Magonis''. Pasou a mans dos romanos e, coa [[caída do Imperio Romano]], ocupárona [[vándalos]] e [[bizantinos]]. Logo sufriu frecuentes ataques dos [[normandos]] e [[musulmán|musulmáns]], ata que finalmente, no ano [[903]], foi conquistada e anexionada ao [[Califato de Córdoba]]. En [[1287]] conquistouna o rei [[Afonso III de Aragón]]. Posteriormente, en [[1535]], Maó sufriu un gran saqueo por parte dos corsarios de [[Jeireddín Barbarroja|Barbarroja]]. Baixo o reinado de [[Fílipe II de España|Filipe II]] iniciouse a construción do [[forte de San Filipe]], deseñado por [[Juan Bautista Calvi]], na bocana sur do porto de Maó. Tratouse dunha das obras de enxeñería militar máis impoñentes da época e reputada como inexpugnable.
 
Maó sufriu máis cambios de soberanía. Capturada polos británicos en 1708 durante a [[Guerra de Sucesión Española]] e cedida oficialmente a raíz do [[Tratado de Utrecht]], pasou a ser durante setenta anos unha dependencia británica (e o porto de Maó unha base naval británica no Mediterráneo) no [[século XVIII]]. A presenza británica impulsou a economía da illa, polo que Maó, que se converteu na capital converteuse nun centro comercial e de contrabando de primeira orde no [[Mediterráneo]]. A influencia británica pódese apreciar na arquitectura local. Pola contra, [[Ciutadella de Menorca|Ciutadella]], a antiga capital e reduto clerical e aristocrático, languidecía. Durante as diversas conquistas e reconquistas de Menorca que se sucederon durante o século XVIII o castelo de San Filipe foi mandado demoler polo rei [[Carlos III de España|Carlos III]], quen razoou que se tal xoia da enxeñería militar deixaba de existir, os ingleses deixarían de apetecer Menorca. O resultado foi que cando os ingleses intentaron de novo reconquistar Menorca desembarcando en Cala Mesquida, non había ningunha fortificación para opórselles e puideron tomar a illa sen baixas. Posteriormente e xa no [[século XIX]], edificouse outra impoñente edificación, esta na parte norte da bocana do porto, a [[Fortaleza da Mola]].
 
[[Ficheiro:Mahon-Hafen.jpg|250px|thumbminiatura|Porto de Maó]]
Actualmente, a cidade caracterízase pola súa gran actividade económica, a maior parte dela destinada ao [[turismo]].