Marquesado de Santa Cruz de Ribadulla: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Categoría:Vedra; arranxiños |
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|) |
||
Liña 1:
[[Ficheiro:Pazo de Santa Cruz de Ribadulla, Vedra.jpg|
O '''Marquesado de Santa Cruz de Ribadulla''' (ou '''Rivadulla''') é un título nobiliario instituído polo rei [[Carlos II de España|Carlos II]], outorgado o [[8 de marzo]] de [[1683]] ao nobre galego Andrés Ibáñez de Mondragón y Ozores de Sotomayor<ref>[http://www.blasoneshispanos.com/Genealogia/ElencoDeNobleza/TitulosNobiliarosS.htm Elenco de Nobleza] Consultada o 18/4/2012.</ref>.
Liña 20:
Os [[Reis Católicos]], ao sabelo, mandaron ''desmouchar'' a vella torre, o que era sinal de afrenta para o que nela vivía. Abraldes abandonou súa casa e nunca volveu. O seu fillo mandou construír, na parroquia de [[San Mamede de Ribadulla, Vedra|San Mamede de Ribadulla]], a ''casa de Guimaráns'', pazo que estaba máis cerca de Santiago, e ''sen torre'', pois nunca quixeron naquela familia volver a sufrir humillación.
[[Ficheiro:Catedral de Santiago-CapillaMondragon.jpg|
Por aqueles anos apareceu por [[Santiago de Compostela|Santiago]] un clérigo influente, aberto e con diñeiro: Juan Ibáñez de Mondragón. Nomeado cóengo de Santiago, pronto aumentou a súa fortuna e adquiriu fama. Parece ser que un dos seus irmáns era prelado en [[Roma]], e outro servía no Exército. A orixe da familia era o solar de Eremuzqueta, en terras [[Euzkadi|Vascongadas]]. Satisfeito na diocese de Santiago, poderosa, o cóengo decidiu afincarse en Compostela, para o que vendeu os bens de Mondragón e buscou unha casa no campo; a ''torre de Ortigueira'' estaba baleira e comprouna. Cambiou a súa estrutura e edificou unha capela, pois pombal e ciprés xa os tiña. Porén non vivía moito tempo en Santa Cruz: pasaba as tardes en primavera, pois en verán adoitaba ir a tomar os baños a [[Noia]]. Comprou moitas terras para ampliar a finca, dotou á parroquia con xenerosidade e fundou un morgado electivo; pero a obra na que puxo maior empeño e diñeiro foi a construción da '''capela da Piedade''' (coñecida como [[Catedral de Santiago de Compostela#Capela de Mondragón|capela de Mondragón]]), na catedral, na que mandou que o enterraran. A finca de Santa Cruz tomou entón forma. Comenzouse a muralla que a rodea, e plantáronse viñas e oliveiras, así como uns bos cadros de limoeiros, cerca do bosque de carballos e castiñeiros. A horta era excelente, e dela enviábase a Santiago unha cesta todos os días, para a vivenda do cóengo. No andar principal da casa, o sobrado, había amplas estancias, incluíndo a cociña, quedando todo o baixo para o ganado e almacén do gran procedente dos foros. Ao cóengo sucedeuno un sobriño, que seguiu comprando terras, e aumentou a biblioteca.
|