Maquis (guerrilla antifranquista): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
{{Outroshomónimos|Maquis}}
[[Ficheiro:GraffitiMaquis.jpg|thumbminiatura|250px|Nas localidades da xeografía española aínda se rememoran os maquis (graffiti nun muro de [[Sallent de Llobregat|Sallent]] -fotografía de 2005-)]]
O '''maquis''', tamén coñecido como '''a guerrilla''', foi o conxunto de movementos [[Guerra de guerrillas|guerrilleiros]] [[antifascista]]s de resistencia en [[España]] que comezou durante a [[Guerra Civil Española|Guerra Civil]]. O case inmediato estalido da [[Segunda Guerra Mundial]] sorprendeu moitos excombatentes republicanos en territorio francés. A partir de [[1944]], cos exércitos alemáns en retirada, moitos destes guerrilleiros reorientaron a súa loita antifascista en [[España]]. Pese ao fracaso da [[invasión do Val de Arán]] nese ano, algunhas columnas conseguiron progresar cara o interior e enlazar coas partidas que permaneceran no monte desde [[1939]]. Os maquis tiveron relevancia en todo o norte español, en [[Andalucía]] e noutra zonas durante e despois da [[Guerra civil española]]
 
Liña 6:
 
==Guerrillas antifranquistas en Galicia==
[[ficheiro:Taramundi1 lou.jpg|thumbminiatura|200px|As montañas asturianas, un dos escenarios de actuación da Federación de Guerrillas de León-Galicia]]
As guerrillas organizadas que actuaron en Galicia foron a [[Federación de Guerrillas de León-Galicia]] e o [[Exército Guerrilleiro de Galicia]]. Arredor de mil persoas realizaron unha resistencia armada nos montes contra o fascismo, e unha grande parte delas fixeron parte destas guerrillas ou tiveron algún tipo de contacto con estas estruturas. Máis de nove mil persoas foron presas ou sancionadas por colaboración ou sospeitas de manteren relacións coa guerrilla durante o conflito civil, e despois na posguerra até o ano [[1967]] coa retirada do [[último guerrilleiro]] a Francia.
 
Liña 12:
 
==Historia do Maquis en España==
[[ficheiro:Mapa maquis3.PNG|thumbminiatura|320px|Principais áreas de actividade do maquis ''(en cor laranxa, áreas rurais, en amarelo cidades con maior actividade)'']]
O Maquis foi promovido polo [[PCE]], despois da derrota do bando republicano, e sobre todo apoiado a partir do ano [[1945]], xa que a vitoria Aliada no continente europeo fixo reaparecer a esperanza da volta do goberno lexítimo a España como fixeron os Partisanos e a Resistencia Francesa durante a [[Segunda Guerra Mundial]]. Moitos dos guerrilleiros foron combatentes do [[Exército Popular]] que escaparan aos montes e os sitios rurais. Estiveron presentes sobre todo na zona próxima aos Pirineos, no centro e no norte da península. Dos exiliados que permaneceron no Midi Francés, 30.000 traballan para os alemáns, 7.000 únense ao exército francés, 3.000 vanse para a lexión estranxeira e os restantes 10.000 compoñen o Maquis da península.