Quattrocento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Mix (conversa | contribucións)
m Giotto é pintor gótico, precursor do renacemento pero non é renacentista, ademais é do Trecento
Mix (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Image:Donatello david plaster replica front 1000px wide.jpg|thumb|O David de Donatello]]
'''Quattrocento''' é a denominación que adopta o [[Renacemento]] italiano do [[século XV]], por comeza-los anos en italiano como ''mile quattrocento'', o primeiro en darlle este nome foi [[Giorgio Vasari]] por volta do [[1570]]. O outro período do renacemento italiano é o '''[[QuinquecentoCinquecento]]''', no século XVI.
 
No Quattrocento realízase a evolución das formas medievais ás reinterpretacións clásicas. A cidade de [[Florencia]], eminentemente mercantil dominada pola alta buguesía converteuse no centro de gravidade dunha sociedade que abandonou o [[misticismo]] da [[Idade Media]], na cal o orde viña establecido desde o alto, imprimindo unha dinámica humanizante laizante e unha volta ás fontes da civilización occidental, o mundo greco-romano; apareceu no mundo da arte unha figura nova, os [[mecenas]], que xurdiron pola prosperidade económica, a arela cultural e o desexo de ostentación e presitixio, e que chamaban e protexían ós artistas para realizaren as súas encargas, os primeiros foron [[Cosme de Médicis|Cosme]] e [[Lorenzo de Médicis]]; o artista tamén sufriu un proceso de individualización e personalización como froito do culto humanista polo individuo.