Macau: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 61:
== Historia ==
 
[[Ficheiro:Ruinas de Sao Paulo.jpg|esquerda|thumbminiatura|]]
En [[1550]], baixo o pretexto de secar a súa carga, os portugueses construíron uns predios en Macau. A colonia permanente foi fundada en [[1557]], e tiña un valor inmenso, especialmente cando as autoridades da China prohibiron o comercio directo co [[Xapón]] perante mais de cen anos, ao mesmo tempo os portugueses gañaron o monopolio nese comercio. Naturalmente, Macau era un porto importante no comercio entre [[Europa]], a China e o Xapón, tamén.
 
Liña 69:
 
== Xeografía ==
[[Ficheiro:Mapa de Macao.png|thumbminiatura|right|200px| Mapa de Macau]]
Macau está situado no sueste da China, na provincia [[Guangdong]], na desembocadura do [[Río das Perlas]]. Fica só a 65 quilómetros de Hong Kong doutro lado da desembocadura, habendo barcos de enlace frecuentes entre as cidades. En [[aerobarco]] a viaxe só leva unha hora. As outras cidades importantes da área son [[Guangzhou]], a capital de Guangdong con 7 millóns de persoas e [[Shenzhen]], unha cidade nova e enérxica. Shenzhen é unha [[rexión económica especial]] e unha das cidades máis ricas da China, agora cuns 4 millóns de habitantes.
 
Liña 77:
 
== División administrativa ==
[[Ficheiro:AdministrativeDivisionOfMacao-Portugese.png|thumbminiatura|Freguesías de Macau]]
Durante o período colonial, Macau dividíase en dous concellos, o de Macau e o das Illas, e en sete freguesías. Cada concello estaba administrado por unha cámara municipal e tiña asemade unha asemblea municipal.
 
Liña 95:
== Cultura ==
As linguas oficiais son o [[Lingua portuguesa|portugués]] e mailo [[lingua cantonesa|cantonés]], aínda que só unha porcentaxe moi reducida fala portugués. Os de orixe portuguesa (na maioría dos casos teñen antepasados chineses tamén) que viven en Macau chámanse [[Macaenses]] ou "fillos da terra". En Macau desenvolveuse unha lingua crioula, o patuá ou [[macaense]], baseada no portugués, con influencias de cantonés, [[lingua malaia|malaio]] e moitas outras linguas, mais que actualmente só fala un pequeno feixe de xente maior.
[[Ficheiro:Riccistanding.jpg|thumbminiatura|right|200px| Matteo Ricci]]
Macao ten varias [[relixión]]s. A metade da poboación é [[budismo|budista]], 15% [[catolicismo|católica]]. Os portugueses expediron moitos [[misioneiro]]s a Macau, entre outras, a persoa occidental mais famosa na China, [[Matteo Ricci]]. Mais tamén a [[arte chinesa|arte]], a [[literatura chinesa|literatura]] clásica, a [[medicina chinesa|medicina]] e [[filosofía chinesa]] viñan á Europa vía Macau.