Diferenzas entre revisións de «Luís XVI de Francia»

m
Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m (r2.7.3) (Bot: Modifico: uk:Людовик XVI)
m (Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|))
A política exterior feita por Vergennes e o Tratado de Versalles restauraron o prestixio de Francia. Mais, no interior do país, a oposición creceu; [[Calonne]], seguido de [[Loménie de Brienne]], tentou en van resolver a crise financeira. Convocou a alta aristocracia na [[Asemblea dos Notables]] ([[1787]]) e nada conseguiu. Luís XVI tivo que chamar de volta a Necker ([[1788]]) e prometer a convocación dos [[Asemblea dos Estados Xerais|Estados Xerais]], que estaban á marxe do goberno desde había 175 anos. Os Estados Xerais, que se reuniron en [[Versalles]] en [[1789]], son a reunión dos tres estamentos da sociedade desde a [[Idade Media]]: o [[nobre]] que loita (1º estado), o [[clero]] que reza (2º estado) e o [[campesiñado]] que traballa (3° estado). Estes feitos marcaron o início da Revolución.
 
[[Ficheiro:LouisXVIExecutionBig.jpg|thumbminiatura|esquerda|A execución de Luís XVI.]]
 
Os [[deputado]]s do [[Terceiro Estado]] constituíron a Asemblea Nacional e despois Asemblea Constituínte. A familia real foi levada à forza de [[Versalles]] para [[París]] (outubro de [[1789]]) e a súa tentativa de fuxir do país foi frustrada en [[Varennes]] ([[20 de xuño]] de [[1791]]), cando foi feita prisioneira da [[Comuna insurrecional]] ([[10 de agosto]]). A [[monarquía]] foi abolida o [[21 de setembro]] de [[1792]]. Luís XVI, desmoralizado pola súa fallida tentativa de fuga e polas súas negociacións co estranxeiro, perdeu completamente a popularidade. Encerrado no Templo e acusado de traición, foi xulgado pola Convención e condenado a morte, sendo [[guillotina]]do o [[21 de xaneiro]] de [[1793]]. A raíña consorte María Antonieta foi executada seis meses despois. A súa morte provocou a unión dos soberanos europeos contra a Francia revolucionaria.
103.099

edicións