Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
[[Ficheiro:Louis XIV of France.jpg|thumbminiatura|right|200px|Luís XIV, rei de Francia, retratado por [[Hyacinthe Rigaud]] en [[1701]].]]'''Luís XIV de Borbón''' (en [[lingua francesa|francés]] ''Louis XIV''), nado en [[Saint-Germain-en-Laye]] o [[5 de setembro]] de [[1638]] e finado en [[Versalles]] o [[1 de setembro]] de [[1715]], foi [[rei de Francia]] e de [[Reino de Navarra|Navarra]] dende o [[14 de maio]] de [[1643]] até a súa morte con case 77 anos de idade e 72 de reinado. Cando era menor de idade, unha revolta da nobreza francesa e do Parlamento de París puxo en perigo o seu trono. Aínda que a revolta foi sufocada polo 1º ministro o cardeal Mazarino, cando Luís XIV accedeu ao trono decidiu reforzar a autoridade monárquica.
 
Coñecido como '''O Rei Sol''' (''Le Roi Soleil'') ou '''Luís o Grande''' (''Louis le Grand''), foi o primoxénito e sucesor de [[Luís XIII de Francia|Luís XIII]] e de [[Ana de Austria (1601-1666)|Ana de Austria]] (filla do Rei [[Filipe III de España]]). Luís XIV incrementou o poder e a influencia francesa en [[Europa]], combatendo en tres grandes guerras: a [[Guerra Franco-Holandesa|Guerra de Holanda]], a [[Guerra dos Nove Anos]] e a [[Guerra de Sucesión Española]].
 
== Infancia e ascenso ao trono ==
[[Ficheiro:Louis14-9.jpg|200px|right|thumbminiatura|Coroación de Luís XIV en [[Catedral Notre-Dame de Reims|Reims]], ano [[1654]].]]O nacemento de Luís, en [[Saint-Germain-en-Laye]] no ano [[1638]], foi recibido como un don divino polos seus pais: [[Luís XIII]] e [[Ana de Austria (1601-1666)|Ana de Austria]], os cales non tiveran descendencia en vinte e tres anos; por iso foi bautizado como "Louis-Dieudonné" (''Dieudonné'' significa "dado por Deus"); á parte outorgáronselle os títulos de ''premier fils de France'' ("Primeiro Fillo de Francia") ademais do máis tradicional de [[Delfín (título)|''Delfín de Viennois'']]. Luís XIV proviña dun ambiente multicultural xa que os seus avós paternos, [[Henrique IV de Francia]] e [[María de Médicis]], eran navarro e italiana respectivamente e os seus avós maternos, [[Filipe III de España]] e [[Margarida de Austria, Raíña de España|Margarida de Austria]], eran [[Habsburgo]]s, el español e ela austríaca.
 
Luís XIII e Ana tiveron ao seu segundo fillo, Filipe d'Anjou que posteriormente sería Filipe I, Duque de Orleáns no ano [[1640]].
 
== Fin da guerra e reinado persoal ==
[[Ficheiro:Louis XIV wedding.jpg|250px|right|thumbminiatura|O seu casamento en 1660.]]Namentres, a guerra coa [[España]] continuaba. Os franceses recibiron apoio militar de [[Inglaterra]], dirixido por [[Oliver Cromwell]]. A alianza anglo-francesa venceu en [[1658]] na [[Batalla das Dunas (1658)|Batalla das Dunas]]. O resultado da guerra foi o [[Tratado dos Pirineos]] que fixou a fronteira entre a España e máis a Francia nos [[Pirineos]], cedendo a España varias provincias e cidades á Francia nos Países Baixos españois e no [[Rosellón]]. Este tratado cambiou a balanza de poder, Luís XIV casou coa filla de [[Filipe IV de España]]: [[María Tareixa de Austria]]. O matrimonio celebrouse o [[9 de xuño]] de [[1660]].
 
== Guerra nos Países Baixos ==
Trala morte de Filipe IV de España, tío e sogro de Luís XIV, en [[1665]], o seu fillo (da súa segunda esposa) ascendeu ao trono como [[Carlos II de España]]. Luís XIV reclamou o territorio de [[Ducado de Brabante|Brabante]], nos [[Países Baixos]], gobernados até entón polo rei de España, que debían ser "devoltos" á súa esposa, María Tareixa, medio irmá maior de Carlos II (filla do primeiro matrimonio do pai de ámbolos dous). Luís argumentou que os costumes de Brabante non permitían que un fillo sufrise prexuízos polas consecuencias de que o seu pai volvese casar, polo que tiña prioridade sobre os fillos dos seguintes matrimonios á hora de herdar. Estas reclamacións darían pé á [[Guerra de Devolución]] de [[1667]], na cal Luís participou persoalmente.
 
Os problemas internos da [[República dos Sete Países Baixos Unidos]] beneficiaron os intereses de Luís nos Países Baixos. O político máis importante do momento nas Provincias Unidas, [[Johan de Witt]], temía que o mozo [[Guillerme III, Príncipe de Orange]], se fixese co poder nas Provincias Unidas. De Witt pensaba que unha guerra naval contra Francia se podería levar, mais non unha guerra terrestre, que permitiría a intervención de Guillerme III, deixándolle co poder. Así, coas Provincias Unidas divididas nun conflito interno entre os seguidores de De Witt e os de Guillerme de Orange, xunto coas refregas entre ingleses e holandeses, Francia non tivo ningunha dificultade en conquistar [[Flandres]] e o [[Franco Condado]]. Ante a velocidade do triunfo francés, as Provincias Unidas uníronse a [[Inglaterra]] e [[Suecia]] nunha [[Tripla Alianza (1668)|Tripla Alianza]] no ano [[1668]]. A formación da Tripla Alianza puña a Luís XIV ante o problema de verse no medio dunha guerra de maiores dimensións, polo que aceptou firmar a paz no [[Tratado de Aquisgrán (1668)|Tratado de Aquisgrán]], polo cal a Francia se quedaba co control de [[Flandres]], pero devolvía o Franco Condado á España.[[Ficheiro:ES Francia 1552-1798.png|esquerda|thumbminiatura|350px|Expansión francesa baixo Luís XIV (en laranxa).]]A Tripla Alianza non durou moito. En [[1670]], [[Carlos II de Inglaterra]], atraído por subornos franceses, asinou en segredo o [[Tratado de Dover]], converténdose en aliado francés. Ámbolos dous reinos declararon a [[Guerra Franco-Holandesa|guerra ás Provincias Unidas]] en [[1672]]. A rápida invasión e ocupación da práctica totalidade dos Países Baixos, salvo [[Ámsterdam]], provocou un [[golpe de estado]] contra De Witt, o que lle permitiu a Guillerme III facerse co poder. Guillerme III aliouse coa España e o Sacro Imperio, e, tras dous anos de loita en [[1674]], asinou un tratado de paz coa Inglaterra forzando aos ingleses a retirárense dos Países Baixos. Guillerme incluso chegou a casar con [[María II de Inglaterra]], sobriña de Carlos II de Inglaterra. Porén, e a pesar destes movementos diplomáticos, a guerra continuou con grandes vitorias francesas sobre as forzas da coalición opoñente. De feito, as nacións implicadas, extenuadas pola guerra, comezaron a negociar unha paz, chegando no [[1678]] á [[Paz de Nimega]]. No devandito tratado Luís XIV, malia devolver todo o territorio holandés capturado, gañou a posesión de máis cidades e retivo o Franco Condado, que fora invadido en poucas semanas.
 
O tratado de Nimega incrementou aínda máis a influencia francesa en Europa, pero non satisfixo a Luís XIV. O rei despediu o seu ministro de asuntos exteriores, [[Simon Arnauld de Pomponne]], no ano [[1679]], porque consideraba a súa actitude demasiado comprometida cos aliados. Luís XIV continuou agrandando o seu exército, aínda que en vez de conseguir as súas reclamacións territoriais polas armas, fíxoo por medio de xuízos. Debido ás redaccións ambiguas dos tratados da época, Luís conseguiu reclamar que os territorios que se lle cederan nos tratados asinados previamente, debíanse ceder xunto coas dependencias e terras que tivesen pertencido a eses territorios formalmente. <!-- French [[Chambers of Reunion]] were appointed to ascertain which territories formally belonged to France; the French troops later occupied them. --> A anexión destes territorios tiña o obxectivo de proporcionar á Francia unha fronteira máis defendible. Luís tamén desexaba a cidade de [[Estrasburgo]], un emprazamento estratéxico importante. Estrasburgo estaba emprazada na [[Alsacia]], territorio que non se lle cedera a Luís na [[Paz de Westfalia]]. Porén, Luís XIV ocuparíao en [[1681]], usando pretextos legais.
No apartado da diminución da influencia nobiliaria, Luís seguiu o traballo emprendido polos Cardeais Richelieu e Mazarino. Trala experiencia da Fronda, Luís cría que o único xeito de manter o seu poder era colocar plebeos ou, cando menos, membros da nova aristocracia nos cargos importantes. A devandita política baseábase na idea de que Luís podería reducir a un plebeo que tivese unha grande influencia polo seu cargo tan só con despedilo, cousa que non podería facer coa influencia dun gran nobre. Por iso, Luís adicou a toda a grande aristocracia no posto de cortesáns, á vez que nomeaba ministros a plebeos e novos aristócratas. Como cortesáns, o poder da nobreza diminuíu notablemente. Esa falta de poder vese reflectida na ausencia de rebelións, como a Fronda, tras Luís XIV. De feito, esta vitoria da coroa sobre a nobreza asegurou que non houbese ningunha guerra civil importante na Francia, até a ‘’Revolución’’ e a ‘’Era Napoleónica’’.
 
[[Ficheiro:Versailles_Garden.jpg|thumbminiatura|esquerda|250px|O palacio de Versalles, construído por Luís XIV.]]Luís XIV converteu o [[palacio de Versalles]], orixinariamente nun refuxio de caza construído polo seu pai, nun espectacular palacio real. O [[6 de maio]] de [[1682]] mudouse oficialmente aló con toda a súa corte. Luís tiña varias razóns para crear un palacio extravagante de tanta opulencia e mudar para alá a residencia da monarquía. A afirmación, con todo, de que odiaba París é imprecisa porque Luís non deixou de embelecer a súa capital con monumentos, mentres a melloraba e a desenvolvía. Versalles cumpría como o sitio admirable e sobrecolledor para os asuntos de estado e para recibir aos mandatarios estranxeiros, onde a atención non se dividía entre a capital e a xente, senón que recaía totalmente sobre o rei. A vida da corte centrábase na grandeza. Os cortesáns rodeábanse de vidas luxosas, vestidos con gran magnificencia, sempre asistindo a ceas, representacións, celebracións, etc. De feito, moitos nobres víronse na obriga de deixaren toda a súa influencia ou a dependeren totalmente dos subsidios e subvencións reais para poder manter o custoso estilo de vida versallés. Esta situación fixo que os nobres deixasen de tentar retomar o poder, o que podería resultar en potenciais problemas para a coroa, centrándose, porén, en competiren por seren invitados a cear na mesa do rei ou polo privilexio de levaren unha candea cando o rei se retiraba aos seus apousentos.
 
=== A unificación nacional: O galicanismo ===
 
=== A unificación nacional: A revogación ===
[[Ficheiro:Pierre_Mignard_-_Françoise_d'Aubigné,_marquise_de_Maintenon_(1694).jpg|thumbminiatura|right|180px|Madame de Maintenon, segunda esposa de Luís XIV.]]A esposa de Luís XIV, María Tareixa, morreu no ano [[1683]]. Luís non se mantivo fiel a ela por moito tempo tralo seu matrimonio de [[1660]]: entre as súas amantes estaba [[Luísa de La Vallière]], [[Madame de Montespan|Françoise Athénaïs de Rochechouart de Mortemart, Madame de Montespan]] e [[María Anxélica de Fontanges]]. Así e todo, mantívose máis fiel no seu segundo matrimonio, con [[Madame de Maintenon]]. O matrimonio [[morganático]] entre Luís XIV e Madame de Maintenon tivo lugar, probablemente, a finais de [[1685]].
 
Madame de Maintenon, antes [[Protestantismo|protestante]], convertérase ao catolicismo. Antes críase que, ademais, participara moi activamente na persecución dos protestantes, e que instara a Luís XIV a revogar o [[Edicto de Nantes]], o cal proporcionaba algo de liberdade relixiosa aos [[Hugonotes]] (os membros da protestante [[Reforma Protestante|Igrexa Reformada]]). Porén, esta implicación de Madame de Maintenon cuestiónase actualmente. O mesmo Luís XIV estaba de acordo co plan, posto que, como o resto de Europa, católica ou protestante, cría que para manter a unidade nacional, debía antes conseguir a unidade relixiosa; no seu caso unha unidade baixo o catolicismo. Esta idea estaba definida no principio "''cuius regio, eius religio''", política relixiosa en vixencia dende o seu establecemento na [[Paz de Augsburgo]] de [[1555]]. De feito, xa comezara a persecución dos hugonotes.
103.029

edicións