Lucía de Siracusa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: mt:Santa Luċija
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Santalucia.jpg|thumbminiatura|200px||Santa Lucía|right]]
'''Lucía''', nada en [[Siracusa]], [[Italia]], no ano [[283]] e finada se cadra no [[304]], é unha santa [[mártir]] da [[ Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]] e [[Igrexa Ortodoxa|Ortodoxa]]. A súa festividade celébrase o [[13 de decembro]], a noite máis curta do ano segundo o primeiro [[calendario xuliano]], e é a santa patrona dos cegos e dos males de vista.
 
Liña 6:
Perdeu ao seu pai durante a nenez, consagrou a súa vida a [[Deus]] e fixo un voto de [[virxindade]]. A súa nai, de nome Eutiquía, estaba enferma e comprometeuna a casar cun mozo [[pagán]] pero ela, para librarse dese compromiso, persuadiuna para que fose rezar á tumba de [[Ágata]] a fin de curar as súas feridas. A súa nai curou e Lucía pediulle que abandonase o compromiso, que se lle deixase consagrar a súa vida a Deus e que doase a súa fortuna aos máis pobres. A súa nai accedeu pero o seu pretendente acusouna ante o procónsul [[Pascacio]] debido a que era cristiá, en tempos do emperador [[Diocleciano]].
 
[[Ficheiro:Lorenzo Lotto 004.jpg|thumbminiatura|esquerda|200px|Xuízo de Santa Lucía]]Sometéuselle a un xuízo, durante o cal intentouse que abandonase a fe cristiá e adorase aos deuses pagáns, pero Lucía non accedeu, polo que foi decapitada o [[13 de decembro]] de [[304]].
 
É a patroa da [[vista]] debido a unha lenda na idade media que dicía que, cando estaba no tribunal, ordenaron aos gardas que lle sacasen os ollos, pero ela seguiu vendo. Tamén é patroa dos [[pobre]]s, os [[cego]]s, dos nenos enfermos e das cidades de [[Siracusa]], [[Venecia]] e de [[Pedro do Monte]], así como patroa dos campesiños, electricistas, choferes, afiadores, cortadores e escritores.
Liña 17:
Durante a [[Idade Media]], debido ao atraso acumulado polo [[Calendario Xuliano]], a festividade de Lucía coincidía co solsticio de inverno e, xa que logo, era o día máis curto do ano. De aí o refrán ''Por santa Lucía mengua a noite e medra o día'', que só tería sentido antes dese cambio.
 
[[Ficheiro:Saint Lucy by Domenico di Pace Beccafumi.jpg|thumbminiatura|200px||Imaxe de Santa Lucía|right]]
 
== Iconografía ==