Louza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: ca:Pisa (ceràmica)
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Louza - Alfarería.jpg|thumbminiatura|right|Artesanía en louza.]]
Denomínase '''louza''' á [[terracota]] esmaltada ou [[verniz|vernizada]], de pasta fina, porosa, absorbente e [[opaco|opaca]]. Esta pasta está composta de varias [[arxila]]s brancas mesturadas con terras silíceas calcinadas. Segundo sexa a clase de arxila así adquirirá a [[cor]] despois de cocida, que pode ser amarela, vermella, parda ou negra. Alcanza unha gran [[dureza]] e [[resistencia]]. O impermeabilizado da louza conséguese cun verniz fluído que contén [[sílice]], [[minio]], branco de [[chumbo]] e [[galena]], todo isto moído en auga antes da súa [[cocción]]. É moi útil para os obxectos domésticos.