Literatura medieval: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Hildegard_von_Bingen_Liber_Divinorum_Operum.jpg|thumbminiatura|230px|Manuscrito do ''Liber Divinorum Operum'' de [[Hildegard von Bingen]] ([[século XIII|s. XIII]]).]]
'''Literatura medieval''' é un termo empregado para referirse a todos aqueles traballos escritos principalmente en [[Europa]] durante a [[Idade Media]], isto é, durante os aproximadamente mil anos transcorridos desde a caída do [[Imperio Romano de Occidente]] até os inicios do [[Renacemento]] a finais do [[século XV]]. A [[literatura]] deste tempo estaba formada basicamente de escritos [[relixión|relixiosos]] e traballos [[segrar]]es. Igual que na [[literatura moderna]], é un tema de estudo amplo e complexo, que abrangue desde os escritos máis sagrados até os máis profanos. Por mor da gran amplitude espacial e temporal deste período é difícil falar da literatura medieval en termos xerais sen caer en simplificacións. Por esta razón, é máis axeitado caracterizar as obras literarias polo seu lugar de orixe, a súa lingua ou o seu xénero.
 
== Anonimato ==
[[Ficheiro:Codex Calixtinus (Liber Sancti Jacobi) F0173k.jpg|thumbminiatura|esquerda|170px|O ''[[Codex Calixtinus]]'' está atribuído a numerosos autores.]]
Unha gran cantidade de obras pertencentes á literatura medieval son [[anonimato|anónimas]]. Isto non se debe unicamente á falta de documentos deste período, senón tamén a que o papel que xogaban os [[autor]]es naquela época difire considerabelmente da interpretación [[romanticismo|romántica]] do termo na actualidade. Os autores medievais estaban sometidos con frecuencia aos escritores [[Antigüidade clásica|clásicos]] e aos [[Pais da Igrexa]] Católica, e tendían a re-escribir historias, que tiñan ouvido ou lido, máis que a crear historias novas. E incluso cando creaban unha nova historia, non adoita quedar claro quen era o autor, xa que atribuían certas ideas a outros libros doutros autores. Isto fai que o nome dos autores individuais sexa pouco ou nada importante, e por iso os grandes traballos da época nunca son atribuídos a unha persoa en concreto.
 
== Literatura relixiosa ==
[[Ficheiro:SummaTheologiae.jpg|thumbminiatura|right|180px|A ''[[Summa Theologiae]]'' de [[San Tomé de Aquino]].]]
Os traballos relacionados coa teoloxía foron o tipo de literatura dominante ao longo da Idade Media; o [[clero]] [[católico]] era o centro intelectual da sociedade nesta época, razón pola que a súa produción literaria foi, con diferenza, a máis produtiva.
 
Liña 17:
 
== Literatura profana ==
[[Ficheiro:Beowulf.firstpage.jpeg|thumbminiatura|esquerda|Primeira páxina do ''[[Beowulf]]''.]]
A literatura [[laico|laica]] neste período non foi tan produtiva como a literatura relixiosa, pero gran parte do material sobreviviu e posuímos hoxe unha gran cantidade de obras da época críticas coa corrupción do clero.
 
O tema do ''[[amor cortés]]'' cobrou importancia no [[século XI]], especialmente nas [[Lingua romance|linguas romances]], principalmente o [[Lingua francesa|francés]], o [[Lingua española|español]], o [[lingua provenzal|provenzal]], o [[lingua galega|galego]] e o [[lingua catalá|catalán]], e nas [[lingua grega|linguas gregas]], onde os cantantes ambulantes — os [[trobador]]es — gañaban a vida coas súas cancións. Os escritos dos trobadores acostuman ir asociados ao amor non correspondido, pero non sempre é así, como se pode ver na ''[[Alborada (poema)|Alborada]]''. En [[Alemaña]], os [[Minnesänger]] continuaron a tradición dos trobadores.
 
[[Ficheiro:Martim Codax Cantigas de Amigo.jpg|thumbminiatura|200px|O [[pergamiño Vindel]] posúe letra e música das cantigas de [[Martín Codax]].]]
Ademais dos poemas épicos típicos da tradición alemá, como o ''[[Beowulf]]'' oo o ''[[Cantar dos nibelungos]]'', outros poemas épicos incluídos dentro dos ''[[cantar de xesta|cantares de xesta]]'' como o ''[[Cantar de Rolando]]'' e o ''[[Digenis Acritas]]'', que tratan sobre a [[Materia de Francia]] e as cancións acríticas respectivamente, e os amoríos corteses á maneira da cortesía [[romance]], que tratan sobre a [[Materia de Bretaña]] e a [[Materia de Roma]], lograron alcanzar unha gran popularidade. O ''romance cortés'' non se distingue unicamente dos ''cantares de xesta'' polos temas tratados, senón tamén pola súa énfase no amor e no código de honor da [[cabalaría]], en lugar de se centrar en accións de [[guerra]].
 
Liña 28:
 
== Literatura escrita por mulleres ==
[[Ficheiro:Meister der 'Cité des Dames' 002.jpg|thumbminiatura|right|280px|Miniatura d ''[[A Cidade das donas]]'' de [[Christine de Pisan]].]]
A pesar de non estaren as mulleres medievais en igualdade de condicións cos homes (pois incluso abundaban os folletos misóxinos, aínda que moitas seitas -como los [[cátaro]]s- ofrecían dereitos e un status maior á muller), algunhas mulleres foron quen de utilizar a súa habilidade coa palabra escrita para gañaren sona. A escritura relixiosa foi a opción máis doada para elas — as mulleres que eran posteriormente canonizadas como [[santo|santas]] adoitaban ter publicado as súas reflexións, as súas revelacións e as súas oracións. A maior parte dos coñecementos actuais sobre as mulleres na Idade Media conseguíronse a través dos traballos realizados por [[monxa]]s como [[Clara de Asís]], [[Bríxida de Suecia]] e [[Catalina de Siena]].
 
Liña 34:
 
== Literatura salientábel deste período ==
[[Ficheiro:Nibelungenlied manuscript-c f1r.jpg|thumbminiatura|200px|Manuscrito do ''[[Cantar dos nibelungos]]'' (v. [[1220]]).]]
[[Ficheiro:CSM 100.jpg|thumbminiatura|As [[Cantigas de Santa María]] veñen acompañadas da [[partitura]]]]
[[Ficheiro:ApocalypseStSeverFol148vHorsesWithHeadsOfLions.jpg|thumbminiatura|right|180px|Os cabalos con cabeza de león, [[Apocalipse de Saint-Sever]].]]
* ''[[A Alexiada]]'', [[Ana Comnena]].
* ''[[Digenis Acritas]]'', [[Literatura grega|autor grego]] [[anónimo]].