Lingua lombarda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 42:
 
=== Suíza ===
[[Ficheiro:LSI CDE.jpg|thumbminiatura|right|O LSI, publicado en 2004]]
Nas zonas de Suíza, as variedades lingüísticas lombardas locais están en xeral mellor conservadas e teñen moita máis vitalidade que en Italia, xa que non hai sentimentos negativos asociados co uso da lingua na vida cotiá, aínda cando sexa para dirixirse a xente estraña. Mesmo hai algúns programas de radio e televisión en lombardo, en especial comedias, que son ocasionalmente transmitidos pola [http://www.rtsi.ch/prog/rtsi/welcome.cfm Compañía Suíza de Radiodifusión en Lingua Italiana]. Por outra banda, non é infrecuente que a xente da rúa responda en lombardo en entrevistas espontáneas, incluso algúns anuncios de televisión son retransmitidos en lombardo.
 
Liña 48:
 
=== Italia ===
[[Ficheiro:Bait dal comun.jpg|thumbminiatura|Letreiro en lombardo na Lombardía]]
O uso dos dialectos lombardos é xeralmente escaso na actualidade en Italia. Hoxe en día, na maioría das zonas da Lombardía italiana os menores de corenta anos falan case exclusivamente italiano estándar nas súas vidas diarias por mor da escolarización e a [[televisión]], incluso as persoas que falan un dialecto lombardo coa súa familia ou amigos, case sempre falan italiano estándar a un estraño. Isto débese a unha serie de razóns históricas e sociais. O seu uso foi historicamente desalentado polos políticos, probablemente porque se lle considerou como un obstáculo para o intento de crear unha "identidade nacional", isto chegou até o punto de que falar unha variedade non estándar considérase un signo de mala educación ou de baixo status social. Actualmente, o partido político que máis apoia á lingua (e as variedades do norte de Italia en xeral) é a [[Lega Nord]] (no pasado os partidos de esquerda tamén o apoiaban).