Diferenzas entre revisións de «Lingua copta»

m
Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m (r2.7.3) (Bot: Engado: be:Копцкая мова)
m (Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|))
[[Ficheiro:Coptic.jpg|thumbminiatura|right|Pedra datada no [[século III]] gravada cunha inscrición en copta]]
O '''copto''' ou '''copta''' (ⲙⲛⲧⲣⲙⲛⲕⲏⲙⲉ met rem en kēme) é a última forma de escrita utilizada no [[Antigo Exipto]], descendente directa do [[lingua exipcia|exipcio]] pero escrita nunha forma modificada do [[alfabeto grego]]. Pertence, polo tanto, á familia afro-asiática ou camito-semítica de linguas, na subfamilia exipcia. Floreceu, como lingua falada, entre os séculos [[século II|II]] e [[século X|X]] e emprégase hoxe en día como lingua litúrxica da [[Igrexa Ortodoxa Copta]].
 
Para escribir o [[lingua exipcia|exipcio]] empregáronse tres escritas, a [[xeroglifo exipcio|xeroglífica]], a [[hierático|hierática]] e a [[demótico exipcio|demótica]]. Estes sistemas resultaban demasiado complexos e pouco eficaces para a linguaxe administrativa, eran patrimonio dunha elite cada vez máis restrinxida e, entre outras dificultades, non podían vocalizar termos estranxeiros, xa que non [[transcrición fonética|transcribían]] [[vogal|vogais]]. Cando [[Alexandre Magno]] conquistou Exipto, no [[-332|332]] a.C., introduciu o [[lingua grega|grego]] na administración. Medio milenio máis tarde, o incipiente [[cristianismo]], moi interesado en espallar a súa doutrina, adaptou o grego, algo fosilizado xa no formalismo da burocracia oficial, para transcribir a lingua falada pola xente na súa vida cotiá , e así naceu a lingua copta.
 
[[Ficheiro:PapiroMaxicoCopto.jpg|thumbminiatura|right|Papiro Máxico do [[século VII]]. Invocación aos anxos e a San Xoán o Bautista para conducir aos nomeados Pamin e Tecla a un "fin atormentado". [[Museo do Louvre]].]]
Esta lingua mantén diferenzas [[dialecto|dialectais]], con cinco dialectos ben arraigados pero só dous con status literario: o [[saítico]] e o [[lingua bohaírica|boárico]] (ou bohaírico). O '''saítico''' era o de [[Tebas, Exipto|Tebas]], cidade afastada de [[Alexandría]] e polo tanto, pouco [[helenismo|helenizada]] e o '''boárico''' o empregado polos [[monxe]]s de [[Wadi en-Natrum]], comunidade do [[Baixo Exipto]] ao sudoeste do Delta do [[río Nilo|Nilo]] que tiñan unha influencia determinante na elección do patriarca de Alexandría e que é precisamente o dialecto que se utiliza aínda hoxe na liturxia copta.
 
103.099

edicións