Leonard Bernstein: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda |
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|) |
||
Liña 40:
Foi moi coñecido como [[director de orquestra]], [[compositor]] (sen parentesco algún co compositor de [[bandas sonoras]] [[Elmer Bernstein]]), pianista e educador. Foi probablemente o director de orquestra máis famoso nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] durante moitos anos, debido á súa longa permanencia como director titular da [[Orquestra Filharmónica de Nova York]], desde [[1944]]. Dirixiu moitas outras orquestras das máis destacadas do mundo. Compuxo tres [[sinfonía]]s, dúas [[ópera]]s, unha misa, cinco [[musical|musicais]] (entre os que destaca pola súa popularidade "[[West Side Story]]"), e moitas outras pezas. Seguiu diversos estilos: atonalidade, [[dodecafonismo]], [[jazz]].
[[Ficheiro:Leonard Bernstein NYWTS 1945.jpg|
En [[1940]] comezou a estudar no instituto de verán da [[Orquestra Sinfónica de Boston]], [[Tanglewood]], co director de orquestra [[Serge Koussevitzki]]. Bernstein fíxose despois asistente de dirección de Koussevitsky. Máis tarde dedicoulle a súa Sinfonía n.º 2 a Koussevitzki.
Liña 50:
En [[1947]] dirixiu en [[Tel Aviv]] por primeira vez, iniciando unha longa asociación con [[Israel]]. En [[1957]], dirixiu o concerto inaugural do Auditorium Mann en Tel Aviv; alí fixo moitas gravacións. En [[1967]] dirixiu un concerto no [[Monte Scopus]] para conmemorar a reunificación de [[Xerusalén]].
[[Ficheiro:Leonard Bernstein NYWTS 1955.jpg|
Dentro do xénero operístico, dirixiu a estrea estadounidense de [[Peter Grimes]] ([[1946]]). Na [[Scala]] de [[Milán]] dirixiu a [[María Calas]] en ''[[Medea]]'' de [[Cherubini]] e ''[[A sonnambula]]'' de [[Bellini]]. Tamén dirixiu un ''[[Tristán e Isolda]]'' en [[Múnic]]. En [[1966]] debutou na [[Ópera estatal de Viena]] dirixindo ''[[Falstaff]]'' de [[Verdi]], con produción de [[Luchino Visconti]], e [[Dietrich Fischer-Dieskau]] como Falstaff. En [[1970]] volveu a esa ópera para a produción que fixo [[Otto Schenk]] da ópera de [[Beethoven]] ''[[Fidelio]]''. En [[1986]] dirixiu a súa propia obra: ''A Quiet Place''. Despediuse da ópera de xeito accidental en [[1989]]: logo dunha representación da ''[[Khovanshchina]]'' de [[Mussorgsky]] de súpeto entrou no escenario e abrazou o director de orquestra [[Claudio Abbado]] en fronte dunha audiencia sorprendida, pero divertida.
Liña 62:
O día de Nadal, [[25 de decembro]] de [[1989]], Bernstein dirixiu a [[Novena Sinfonía]] de Beethoven no ''Schauspielhaus'' de [[Berlín Este]] como parte dunha celebración pola caída do [[Muro de Berlín]]. O concerto foi retransmitido en directo para máis de vinte países, cunha audiencia estimada de cen millóns de persoas. Para a ocasión, Bernstein parafraseou o texto da ''[[Oda á alegría]]'' de [[Friedrich Schiller]], dicindo «liberdade» («Freiheit») en lugar de «alegría» («Freude»). «Estou seguro de que Beethoven nos deu o seu consentimento», dixo Bernstein.
[[Ficheiro:Bernstein, Leonard (1918-1990) - 1944 - foto van Vechten2.jpg|
A súa actitude no podio era moi xestual, extravertida, ata o punto de ver criticados os seus xestos esaxerados. Porén, foi un director ben considerado polos músicos, en particular os membros da Orquestra Filharmónica de Viena e a [[Orquestra Filharmónica de Israel]], da que foi un frecuente director convidado. Consideróuselle particularmente adecuado para dirixir as obras de [[Gustav Mahler]], [[Aaron Copland]], [[Johannes Brahms]], [[Dmitri Shostakóvich]], [[George Gershwin]] (especialmente ''[[Rhapsody in Blue]]'' e ''[[Un americano en París]]''), e por suposto con representacións das súas propias obras (desafortunadamente, Bernstein nunca dirixiu representacións do ''Concerto para piano en Fa'' de Gershwin, nin de ''[[Porgy and Bess]]''). Tiña a capacidade de ensaiar toda unha sinfonía de Mahler interpretando cada frase para a orquestra para expresar o significado preciso, e de emitir unha manifestación vocal do efecto requirido, cun sutil oído perfecto para o que nada pasaba inadvertido.
|