Lavanco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 10:
 
== Descrición ==
[[Ficheiro:Anas platyrhynchos female.jpg|thumbminiatura||esquerda|Lavanco femia (''Anas platyrhynchos''). Véxase o espello azul nas alas]]
 
Pesa entre 700 e 1.500 gramos, mide de 56 a 65 cm de longo e á envergadura das alas acada os 95 cm. A velocidade de voo chega ós 110 km hora.
Liña 46:
 
== Reprodución ==
[[Ficheiro:Female mallard nest - natures pics edit2.jpg|thumbminiatura||left250px|Femia adulta coas crías]]
 
A época de aparellamento en [[Europa]] é o comezo da primavera. A [[danza nupcial]] ten un ritual complicado. Os machos forman un círculo para realizar a "danza", que é observada polas femias desde un circulo exterior. Ás veces algúns machos que quedan sen parella perseguen a unha femia ata que esta accede a ser copulada polos membros do grupo. Ocasionalmente uns machos poden atacar a outros do mesmo xeito.
Os lavancos forman parellas só ata que a femia pon os [[Ovo (bioloxía)|ovos]], momento en que o macho a abandona. Fan os niños de plantas, cerca da auga. A niñada é de entre 7 e 16 ovos, que son chocados de 25 a 28 días. Os polos son precoces e poden nadar e buscar alimentos desde que nacen, aínda que se manteñen preto da mai, da que dependen para impermeabilizar a plumaxe, buscando protección. A conduta dos parruliños ó naceren para identificar a súa nai foi moi estudada e é un momento decisivo do ciclo reprodutivo. Esta fase coñecida como ''impresión'' diferénciase doutros tipos de aprendizaxe por dúas características: é irreversible e limítase a unha periodo crítico moi curto. Os patiños tardan entre 50 días e dous meses en ter as plumas completamente desenvolvidas e ser capaces de voar.
[[Ficheiro:Anas_platyrhynchos_ducklings.jpg|thumbminiatura|Pitos]]
 
== Hibridación e sistemática ==
Os lavancos crúzanse frecuentemente con especies relacionadas do xénero ''[[Anas]]'' e mesmo con especies non tan próximas, producindo formas híbridas que son, porén, fértiles. Esta circunstancia, pouco habitual, parece deberse á rápida evolución da especie que tería empezado
no período, relativamente recente, do [[Pleistoceno Superior]]. Por suposto as variedades domésticas de parrulos, que derivan do lavanco, poden cruzarse coas aves salvaxes.
[[Ficheiro:Snow crystallization in Akureyri 2005-02-26 15-57-55.jpeg|thumbminiatura|250px|esquerda|Híbrido de parrulo doméstico e lavanco en [[Islandia]]]]
O lavanco é considerado unha especie invasora en [[Nova Celandia]]. Alí, coma noutras partes da súa area de distribución, estanse a ver favorecidos pola urbanización e hibridando cos parentes locais (Rhymer & Simberloff 1996). Esta situación causa preocupación pola conservación das especies próximas ó lavanco coma o [[Pato de Hawai]] (''Anas wyvilliana''), o [[Pato gris de Nova Celandia]], o [[Pato negro americano]] (''Anas rubripes''), o [[Pato de Florida]] (''Anas fulvigula''), o [[Pato de bico amarelo]] (''Anas ondulata'') ou o [[Pato mexicano]] (''Anas diazi''). No caso deste último, discútese a súa independencia como especie, o que incide nas políticas de conservación.
 
Liña 80:
Aparentemente hai unha tendencia entre os exemplares "urbanistas" a ir recuperando co paso das xeracións as cores típicas da especie, nun exemplo de [[selección natural]].
 
[[Ficheiro:Lavancos 1.JPG|thumbminiatura|300px|esquerda|Femia de Lavanco cos pitos no [[río Arteixo]]]]
[[Ficheiro:Lavancos 2.JPG|thumbminiatura|300px|right|Macho de Lavanco cos pitos no [[río Arteixo]]]]
 
== Notas ==