Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
[[Ficheiro:Laredo.jpg|thumbminiatura|right|300px|Laredo coa praia ao fondo, e máis ao fondo Santoña]]
 
'''Laredo''' é unha vila e un concello [[España|español]] da [[Comunidade Autónoma]] de [[Cantabria]], sito na súa parte oriental e sobre o [[Mar Cantábrico]]. No ano 2007 contaba cunha poboación de 12.835 habitantes (INE), sobre unha área municipal de 13 km².
== Xeografía ==
Situado na desembocadura oriental do [[río Asón]], na súa maior parte é un extenso areal de máis de 5 km chamado ''La Salvé''. Porén, a superficie é sobre todo chaira e areosa; aínda que ao seu arredor aparecen terreos alombados. A maior parte do territorio está ocupado por edificacións, pese a que son frecuentes as fragas de [[eucalipto]]s, [[piñeiro]]s e [[castiñeiro]]s, así como vexetación de tipo [[duna]]r na área de [[praia]].
[[Ficheiro:Laredo Cantabria.png|thumbminiatura|esquerda|200px|Localización do concello de Laredo en Cantabria]]
== Economía ==
Economicamente, pasou de vivir, hai pouco máis de 30 anos, da [[pesca]] a depender do [[sector servizos]]. Dentro deste merece mención especial a [[hostelería]], á que se dedica unha parte importante da súa poboación activa, e está destinada a cubrir as necesidades de ocio das numerosas persoas que visitan a vila, designadamente na época do verán. De feito, Laredo é unha referente do tópico turismo de sol e praia no norte da Península.
103.029

edicións