Lago Ness: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TjBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: war:Loch Ness
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 2:
 
O lago Ness é mundialmente coñecido polas alegadas aparicións do [[Monstro do lago Ness]], que os habitantes locais chaman ''Nessie''. As evidencias científicas para a existencia deste monstro, descrito como unha especie de dragón mariño, son nulas, o que non impide que sexa unha atracción turística.
[[Ficheiro:LagoNess.jpg|esquerda|thumbminiatura|250px|Vista do lago Ness dende o seu extremo meridional, en [[Fort Augustus]].]]
O lago Ness é o maior exemplo escocés de lagos encaixados en [[falla|fallas xeolóxicas]], neste caso a [[Falla de Great Glen]], con rumbo nordeste-sudeste. Este tipo de lago, coñecido como ''loch'', caracterízase pola grande fondura e pola morfoloxía alongada de acordo coa dirección da falla que os modela.
 
[[Ficheiro:URQUHART TOWER.JPG|esquerda|thumbminiatura|250px|A torre do [[castelo de Urquhart]], co lago Ness ao fondo]]
As augas do Lago Ness son bastante frias, debido principalmente á súa latitude e á súa profundidade. O seu litoral é bastante pintoresco, con [[Castelo (fortificación)|castelos]] como o de [[castelo de Eilean Donan|Eilean Donan]], onde foi filmada a escena inicial do filme ''Highlander'', ou ruínas de castelos, como o de [[castelo de Urquhart|Urquhart]], en [[Drumnadrochit]].