Lagarteiro das torres: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.2) (Bot: Engado: vi:Cắt nhỏ |
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|) |
||
Liña 11:
== Descrición ==
Miden entre 29 e 32 cm de lonxitude, algo menos có lagarteiro común, do que os diferencian tamén as unllas moi claras, abrancazadas. A envergadura das alas vai dos 58 ós 72 cm. A cola ten aspecto de cuña, é máis clara por debaixo cá do lagarteiro común e acaba cunha beira branca relativamente ancha. O debuxo da parte inferior do corpo ten máis tendencia a estar formado por puntos ou aneis có da especie irmá. Os machos teñen a parte superior das alas castaña avermellada, sen manchas escuras. A cabeza dos machos e de cor gris pizarra. Amosan unha banda da mesma cor que vai pola parte superior das alas ata as remeiras secundarias, que falta nos machos do lagarteiro común.
[[Ficheiro: Falco naumanni.jpg|
Os falcóns das torres xoves non amosan esta banda nas alas, e son, coma as femias, moi semellantes ó lagarteiro común, do que se diferencian polas parte inferior das plumas remeiras e primarias. Malia o parecido físico as diferencias de distribución e de voz das dúas especies son claras. O seu peso vai dos 130 ós 200 g. As femias son pouco meirandes e pesadas cós machos.
Coma tódalas aves que crían en colonias son moi ruidosos. Os seus berros, penetrantes e que resoan, non recordan moitas veces os dunha ave de rapina.
== Distribución xeográfica ==
[[Ficheiro:Falco naumanni distribution.png|
Os seus territorios de cría están na zona paleártica, en xeral, entre os 30° e 50° norte. No oeste aparecen dende [[Marrocos]] e a costa atlántica de [[Portugal]], dende onde se proxectan nunha faixa relativamente estreita cara ó leste. Aparecen con poboacións moi flutuantes no [[Magreb]], [[Portugal]] e [[España]], no sur de [[Francia]] e [[Italia]] central e do sur, incluíndo as grandes illas italianas. Dende os [[Balcáns]] a súa área distribución proxéctase ata [[Ucraína]] e a [[Rusia]] europea. Crían tamén en [[Grecia]] e algunhas das illas gregas meirandes, en [[Turquía]] e nalgúns dos seus países veciños do [[Mediterráneo]] leste. En Asia a área de cría proxéctase cara ó leste ata [[Mongolia]] e algo máis ó sur ata [[China]] central. Dentro deste territorio amplo faltan nas montañas moi altas, aínda que colonizan elevacións ata os 3000 m. de altura como na área do [[lago Sevan]] en [[Armenia]], e nos desertos. O límite meridional da súa zona de reprodución está situado no norte de [[Iraq]], [[Irán]] e [[Afganistán]]. As poboacións asiáticas están suxeitas tamén a fortes oscilacións.
Liña 41:
== Alimentación e obtención do alimento ==
[[Ficheiro:Roetelfalke 05083112.jpg|
A súa dieta componse dunha grande variedade de presas pequenas, pero decotío está formada maioritariamente por insectos, sobre todo [[grilo]]s, [[saltón]]s e [[escaravello]]s, en ocasións tamén [[cempés]] e [[alacrán]]s. Sobre todo nos primeiros meses do ano comen tamén pequenos [[mamífero]]s e [[réptil]]es. Nas rexións onde pasa o inverno as presas principais son as [[Lagosta (insecto)|lagosta]]s migradoras e as [[termita]]s.
As presas son axexadas en voo ou espreitando pousados e capturadas e golpeadas no chan. A miúdo son esnaquizadas xa no aire, pero as presas grandes son levadas a un pousadoiro.
|