Kareem Abdul-Jabbar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 69:
=== Profesional ===
==== Milwaukee Bucks ====
[[Ficheiro:Lew Alcindor Kareem Abdul-Jabbar UCLA.jpg|thumbminiatura|Lew Alcindor (Abdul-Jabbar) con [[UCLA Bruins|UCLA]].]]
[[Milwaukee Bucks]] estaba só na súa segunda tempada na liga cando elixiron a Alcindor como primeira elección do [[Draft da NBA]] en [[1969]] (a primeira tempada dos Bucks fora para esquecer, cunha marca de 27-55 e logrando a primeira selección do draft nun sorteo a cara ou cruz con [[Phoenix Suns]]). Era o momento de que un novo pivote dominase a liga. [[Bill Russell]] acababa de abandonar [[Boston Celtics]], e [[Wilt Chamberlain]], aínda que en activo, tiña case 35 anos. Os [[Harlem Globetrotters]] ofrecéronlle un contrato dun millón de dólares para que se unise a eles, pero declinou a oferta e enrolouse cos Bucks.<ref name="biostarpuse">[http://www.starpulse.com/athletes/abdul-Jabbar,_Kareem/Biography/ Kareem Abdul-Jabbar Biography]</ref> Con Alcindor a bordo, na tempada [[1969]]-[[1970|70]], os Bucks acadaron a segunda praza da [[Conferencia Leste da NBA|Conferencia Leste]] cunha marca de 56-26.<ref>[http://www.basketball-reference.com/leagues/nba_1970.html 1969-70 NBA Season Summary]</ref> Alcindor tivo un impacto estelar inmediato na liga, terminando segundo entre os anotadores con 28,8 puntos por partido e terceiro en rebotes con 14,5. Ese ano gañou con comodidade o premio de [[Rookie do Ano da NBA|Rookie do Ano]].<ref>[http://www.nba.com/history/awards/19691970.html Postseason Awards - 1969-70]</ref> Durante a postemporada os Bucks conseguiron o seu billete cara ao título; a base-escolta de 31 anos [[Oscar Robertson]] chegou procedente de [[Cincinnati Royals]]. Co apoio de Bobby Dandridge, Jon McGlocklin, Greg Smith, e o mozo Lucius Allen, Milwaukee logrou unha marca de 66 vitorias en [[1970]]-[[1971|71]], marca da franquía, incluíndo unha marca de vinte vitorias consecutivas. Alcindor gañou o seu primeiro premio de [[MVP da Tempada da NBA|MVP da Tempada]] e o seu primeiro título de máximo anotador con 31,7 puntos por partido mentres terminaba cuarto en rebotes con 16. Milwaukee conseguiu un 12-2 en playoff e varreu aos [[Baltimore Bullets]] nas segundas finais da NBA na historia que terminaban cun 4-0. Alcindor foi nomeado tamén [[MVP das Finais da NBA|MVP das Finais]].<ref>[http://www.nba.com/history/awards/19701971.html Postseason Awards - 1970-71]</ref>
 
Liña 81:
 
===== 1979-1985: Magic e o Showtime =====
[[Ficheiro:Kareem Abdul Jabbar crop.jpg|thumbminiatura|esquerda|Abdul-Jabbar en [[2006]].]]
En [[1979]], usando a primeira elección do [[draft]] obtida de [[Utah Jazz]], os Lakers seleccionaron un base de 2,06 metros chamado [[Magic Johnson|Earvin "Magic" Johnson]] da Universidade de Michigan State. A chegada de Johnson marcou o inicio dunha década que traería a Abdul-Jabbar cinco campionatos máis. Cun espectacular contraataque que foi coñecido como "Showtime" (tempo de espectáculo), os Lakers gañaron nove títulos de división nos últimos dez anos da carreira de Abdul-Jabbar.<ref>[http://www.youtube.com/watch?v=HSeXWTNjvIw Vídeo resumen do Showtime dos Lakers]</ref>
 
Liña 140:
 
== Libros escritos ==
[[Ficheiro:Kareem1vl1.jpg|thumbminiatura|Abdul-Jabbar asinando libros.]]
Abdul-Jabbar é tamén un autor de "best-sellers", o último dos seus libros foi "Brothers In Arms: The Epic Story of the 761st Tank Battalion, WWII's Forgotten Heroes", co-escrito con Anthony Walton. É a historia do Batallón 761 dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], unha unidade composta completamente por negros que serviron en [[Europa]] na [[Segunda Guerra Mundial]].