Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
 
=== Philadelphia 76ers ===
[[Ficheiro:JuliusErvingSlamDunk1981.jpg|thumbminiatura|O Dr. J (co número 6) disponse a realizar un mate en [[1981]] ante os [[Atlanta Hawks]].]]
Despois de que a ABA se desintegrase, os [[New York Nets]], [[San Antonio Spurs]], [[Denver Nuggets]] e [[Indiana Pacers]] uníronse á NBA na tempada [[1976]]-[[1977|77]]. Tras o incumprimento da promesa do propietario dos Nets Roy Boe de aumentar o soldo de Erving, o xogador rexeitou xogar nesas condicións e Boe viuse obrigado a venderlle a [[Philadelphia 76ers]], onde moi pronto se convertería no líder da franquía, levándolles ás Finais da NBA, onde se enfrontaron aos [[Portland Trail Blazers]] de [[Bill Walton]]. Despois de poñerse por diante por 2 vitorias a 0, os de [[Oregón]] encadearon catro vitorias consecutivas para conseguir o anel de campión. Con todo, Erving gozou tamén do éxito fóra da cancha, converténdose nun dos primeiros xogadores en representar produtos e en ter zapatillas comercializadas baixo o seu nome. Por aquela época, apareceu nun anuncio de televisión incitando a mozos admiradores a pedirlle un autógrafo nun aeroporto, referíndose a el desde ese momento como "Dr. Chapstick". Tamén apareceu na película de comedia de baloncesto ''O Peixe Que Salvou Pittsburgh'', en [[1979]].
 
 
== Vida posterior ==
[[Ficheiro:Julius Erving.jpg|right|120px|thumbminiatura|Julius Erving.]]
Dende o seu retiro, Julius Erving tivo moitos éxitos nos cales inclúen por exemplo o ser dono dunha planta de embotellamento de [[Coca-Cola]], ademais das estacións de televisión por cable en [[Nova York]] e [[Nova Jersey]]. Despois de traballar como un analista de estudo para a [[NBC]], Erving uniuse ao staff de oficina de [[Orlando Magic]], como vicepresidente de RDV Sports e vicepresidente executivo dos Magic o [[4 de xuño]] de [[1997]].
 
103.029

edicións