Jody Scheckter: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 22:
Scheckter estudou no [[Selborne College]]. Ascendeu rapidamente na Fórmula 1 logo de mudarse a [[Gran Bretaña]] en 1970. Debutou no [[Circuíto de Watkins Glen]] en {{f1|1972}} con [[McLaren]] e chegou a ir 3º antes de dar un trompo, acabou noveno. Inmediatamente converteuse nun home a seguir, continuou o seu desenvolvemento ao ano seguinte, gañando o campionato de [[Fórmula 5000]] e disputando 5 carreiras de F1. En Francia, estivo a piques de gañar na súa terceira carreira na F1 antes de estrelarse con [[Emerson Fittipaldi]], o campión do mundo nese intre, que logo do accidente con Scheckter dixo "Este tolo é unha ameaza para si mesmo e todos os demais e non pertence á Fórmula 1". Na súa seguinte carreira, o GP de Gran Bretaña en [[circuíto de Silverstone|Silverstone]], Scheckter estivo involucrado nun gran accidente que deixou case unha ducia de coches fora da carreira. O [[Grand Prix Drivers' Association]] esixiu a súa expulsión inmediata, que quedou, logo dun acordo con McLaren, nunha suspensión durante catro carreiras. Scheckter co [[McLaren M23]] levou o número cero nos Grandes premios de Canadá e Estados Unidos de 1973. Scheckter é un dos dous pilotos da F1 que competiron con este número, o outro foi [[Damon Hill]].
[[Ficheiro: ScheckterJody1976-07-31Tyrrell-FordP34.jpg|thumbminiatura|esquerda|Scheckter na icona [[Tyrrell P34]].]]
En {{f1|1974}} [[Tyrrell Racing|Tyrrell]] deulle a súa primeira tempada completa na F1. Jody recompensounos cunha 3ª praza no campionato de pilotos e un par de vitorias en [[Gran Premio de Suecia de 1974|Suecia]] e [[Gran Premio do Reino Unido de 1974|Gran Bretaña]]. Durante a tempada, anotou puntos en 8 carreiras consecutivas. No ano seguinte non destacou, a pesar de que chegou a gañar o [[Gran Premio de Sudáfrica]], pero o seu terceiro ano co equipo, en {{f1|1976}}, deulle outra 3ª praza no campionato de pilotos. Nesa tempada, Tyrrell introduciu o coche máis radical na historia da F1, o de seis rodas, o [[Tyrrell P34]]. Scheckter deu ás seis rodas a súa única vitoria, en Suecia, no circuíto de [[Scandinavian Raceway|Anderstorp]] e nas súas 12 carreiras co coche, anotou puntos en 10 ocasións, incluindo o [[Gran Premio dos Estados Unidos]], unha carreira cunha longa e emocionante loita polo liderado entre él e o seu gran amigo [[James Hunt]].