Joaquín Loriga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:O aviador Loriga. Lalín.JPG|thumbminiatura|225px|Joaquín Loriga.]]
[[Ficheiro:Xoaquín loriga.jpg|thumbminiatura|]]
'''Joaquín Loriga Taboada''', nado en [[Lalín]] o [[23 de setembro]] de [[1895]] e finado no [[aeródromo de Cuatro Vientos]] o [[18 de xullo]] de [[1927]], foi un aviador e militar [[Galicia|galego]]. Participou, xunto con outros dous pilotos e tres mecánicos, no voo Madrid-Manila da escuadrilla ''Elcano''.
 
Liña 12:
Os 18.900 kilómetros de recorrido estiveron cheos de contratempos e, divididos en 17 xornadas, foron cubertos en trinta e tres días. Durante a etapa Trípoli-El Cairo, Esteve tivo que dirixirse a Túnez debido a unha avaría no motor. Na etapa [[Hanoi]]-[[Macao]], Loriga tivo que realizar un aterraxe de emerxencia en Macao, debido a unha avaría, polo que finalmente el e Gallarza tiveron que seguir camiño no único aparato dispoñible ata [[Aparri]], primeira escala en Filipinas, onde foron clamorosamente recibidos. Aeroplanos do exército dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] acompañáronnos na última escala, entre Aparri e Manila, onde os agardaba un recibimento multitudinario. Foron nomeados "Fillos Adoptivos" de Manila e recibiron innumerábeis homenaxes nos trece días de estadía no país, que terían a súa culminación días despois, ao regreso a [[España]].
 
[[Ficheiro:Monumento ao aviador Loriga. Lalín.JPG|thumbminiatura|375px|esquerda|Monumento a Joaquín Loriga en Lalín. Obra de [[Francisco Asorey]].]]
En [[1927]] recibiu xunto a Ramón Franco, [[Julio Ruiz de Alda|Ruíz de Alda]] e Gallarza a Medalla da Liga Internacional de Aviadores, e atendendo a petición dos seus paisanos, viaxou a [[Galicia]]. O [[23 de xuño]] de [[1927]] aterrou co seu avión no Monte do Toxo (Lalín), onde unha multitude acudiu a recibilo. Era o primeiro avión que tomaba terra en Galicia. Pouco despois de regresar a Madrid, morreu no aeródromo de Cuatro Vientos, ao estrelarse o avión que pilotaba.