Diferenzas entre revisións de «Irmandiños»

m
Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m (left -> esquerda)
m (Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|))
[[Ficheiro:Torres de altamira 2.JPG|225px|thumbminiatura|right|Unha das torres das [[Torres de Altamira]], castelo destruido polos irmandiños e volto a reconstruir.]]
[[Ficheiro:Torredocastro.jpg|right|thumbminiatura|225px|[[Castelo de Sandiás]]. Destruido polos irmandiños no [[1467]].]]
[[Ficheiro:Castelo-da-Lúa-ruínas.JPG|thumbminiatura|225px|right|Ruínas do [[Castelo da Lúa]] derruido polos irmandiños o redor do [[1465]].]]
[[Ficheiro:Castelo da rocha forte Torreón e muro oeste.JPG|thumbminiatura|right|225px|Restos do [[Castelo da Rocha Forte]] arruinado polos grupos de irmandiños no [[1466]].]]
 
Na [[Galicia]] [[medieval]], os '''irmandiños''' eran os membros das Irmandades constituídas para a defensa dos seus intereses fronte aos abusos dos [[Nobreza|señor]]es.
Os inimigos dos irmandiños foron fundamentalmente nobres laicos, donos de castelos e fortalezas, encomendeiros das principais [[Igrexa (arquitectura)|igrexa]]s e [[mosteiro]]s. Os irmandiños destruíron arredor de 130 [[castelo (fortificación)|castelos]] e fortalezas nos dous anos de guerra irmandiña. As liñaxes dos Lemos, Andrade e Moscoso foron o branco preferido dos irmandiños. Os irmandiños, por contra, non atacaron os eclesiásticos. Nun primeiro momento parte da nobreza obxecto da ira irmandiña fuxiu cara [[Portugal]] ou [[Castela - Castilla|Castela]].
 
[[Ficheiro:Hakenbuechse.png|thumbnailminiatura|350px|esquerda|Os soldados de Pedro Álvarez usaban [[arcabuz|arcabuces]] na [[Segunda Guerra irmandiña]]. O da imaxe é de [[1425]]]]
En [[1469]], [[Pedro Madruga]] inicia desde Portugal o contraataque feudal, contando co apoio doutros nobres e das forzas do arcebispo de [[Santiago de Compostela]]. As tropas feudais, contando cunha mellor tecnoloxía de guerra (sábese que as tropas de Pedro Madruga empregaron modernos arcabuces), venceron os irmandiños, prenderon e mataron os seus líderes. A vitoria das tropas de [[Pedro Madruga]] produciuse por contar co apoio dos monarcas de Castela e Portugal e polas divisións das forzas irmandiñas. Mais axiña a nobreza vitoriosa viuse envolta de novo en liortas dinásticas que prepararon o seu definitivo desarraigo do territorio galego.
 
103.099

edicións