Diferenzas entre revisións de «Insectos»

m
Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m (r2.7.1) (Bot: Engado: kn:ಕೀಟ)
m (Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|))
* '''Abdome''': Compóñeno un número variable de segmentos (6 en colémbolos, de 8 a 12 en proturos e 11 no resto de insectos), sen apéndices ambulatorios e contén os órganos dixestivos e reprodutores.
 
[[Ficheiro:Robal.png|500px|thumbminiatura|center|Anatomía dun insecto. A.- [[céfalon|Cabeza]]; B.- [[Tórax (artrópodos)|Tórax]]; C.- [[Abdome (artrópodos)|Abdome]]; 1.- [[Antena (artrópodos)|Antena]]; 2.- [[Ollo simple|ocelo]] inferior; 3.- Ocelo superior; 4.- [[Ollo composto]]; 5.- [[Sistema nervioso|Cerebro]]; 6.- Protórax; 7.- Arteria dorsal (aorta); 8.- [[Traquea (artrópodos)|Traqueas]]; 9.- Mesotórax; 10.- Metatórax; 11.- [[á|Ás]] anteriores; 12.- Ás posteriores; 13.- [[Aparello dixestivo dos insectos|Estómago]]; 14.- [[Aparello circulatorio dos insectos|Corazón]]; 15.- [[Aparello reprodutivo dos insectos|Ovarios]]; 16.- Intestino; 17.- Ano; 18.- Vaxina; 19.- Cadea ganglionar ventral; 20.- [[Tubos de Malpighi]]; 21.- Tarsómero; 22.- [[Uña]]; 23.- [[Tarso (artrópodos)|Tarso]]; 24.- [[Tibia]]; 25.- [[Fémur]]; 26.- [[Trocánter]]; 27.- [[Aparato dixestivo (insectos)|Buche]]; 28.- Ganglio torácico; 29.- [[Pata (artrópodos)|Coxa]]s; 30.- [[Glándula salivar]]; 31.- Colar periesofáxico; 32.- [[Pezas bucais]]; de esquerda a dereita: [[labro]], [[mandíbula (artrópodos)|mandíbulas]], [[maxila]]s e [[labio (artrópodos)|labio]].]]
 
=== Sistema nervioso ===
 
=== Sistema circulatorio ===
[[Ficheiro:Saltón162eue.jpg|thumbminiatura|right|Saltón.]]
[[Ficheiro:Zapateiro 508eue.jpg|thumbminiatura|esquerda|Zapateiro xantando.]]
O sistema circulatorio dos insectos é un sistema aberto no cal os órganos son bañados directamente polo sangue (hemolinfa). Salvo excepcións, só existe un vaso sanguíneo dividido en cámaras. A zona posterior deste vaso denomínase corazón e está dotada de varias aperturas laterais chamadas ostiolos que permiten a entrada de sangue A parte anterior do vaso chámase aorta e consiste nun tubo recto e sen válvulas. O corazón aspira a hemolinfa da cavidade abdominal e propúlsaa cara á cabeza, a través da aorta, desde onde volve a filtrarse ós tecidos cara a cavidade abdominal. Nalgúns insectos existen bombas accesorias destinadas a irrigar as patas, as ás ou as antenas.
 
 
=== Aparato bucal ===
[[Ficheiro:Insecto GDFL111.JPG|thumbminiatura|right|Insecto]]
[[Ficheiro:Bolboreta detalle Bastavales Galicia.jpg|thumbminiatura|right|[[Bolboreta]] en Bastavales, [[Brión]]]]
O aparato bucal (gnatal) sufriu diversas especializacións nos diferentes grupos de insectos, pero de forma xeral segue algúns modelos básicos que dependen dos hábitos alimenticios:
* '''Mastigador''':Suponse que é o tipo máis primitivo. Está formado por un labio superior móbil, un par de mandíbulas sen palpos, dúas maxilas libres con palpos móbiles e un labio inferior que en realidade está formado pola soldadura de dúas maxilas e dotado de dous palpos. É propio dos [[ortóptero]]s, [[coleóptero]]s, [[neuróptero]]s, [[arquíptero]]s, moitos [[himenóptero]]s e as larvas dos [[lepidóptero]]s.
* '''Chupador''': Está constituído polo labro, epifarinxe, hipofarinxe, mandíbulas, maxilas, labio e palpos maxilares e labiais algunhas veces. Estas pezas forman en xeral un pico e cada unha alóngase como un estilete, capacitando ó insecto para picar os tecidos das plantas ou dos animais. Dentro de este apartado distínguense tres tipos:
** O de '''probóscide''' ou '''trompa''', que presentan algúns [[díptero]]s e está constituído por un labio superior ou labro-epifarinxe acanalado, e que forma un tubo ó soldarse coa hipofarinxe; unhas mandíbulas atrofiadas, unhas maxilas moi rudimentarias e con palpos maxilares e, por último, un labio inferior carnoso, brando e sen palpos labiais. O conxunto do labio inferior constitúe a probóscide ou trompa.
[[Ficheiro:Avelaíña024eue.jpg|thumbminiatura|right|[[Avelaíña]]. Entre os seus ollos vese a [[espiritrompa]] enrolada]]
** O de '''[[espiritrompa]]''', propio dos [[lepidóptero]]s é formado por un labio superior rudimentario, unhas mandíbulas moi pequenas ou totalmente ausentes, un labio inferior do que só quedan os palpos labiais e unhas maxilas moi alongadas e soldadas, dando lugar a un tubo enrolado en espiral que recibe o nome de espiritrompa. Os palpos maxilares son curtos.
** O de '''pico articulado''', propio dos [[hemíptero]]s está composto por un labio superior que pecha a base da canle formada polo labio inferior, unhas mandíbulas alongadas en forma de láminas perforadas, unhas maxilas semitubulares que presentan dous acanalamentos (un alimenticio e outro salivar), e un labio inferior prolongado e articulado (pico) onde se aloxan as mandíbulas e as maxilas.
** O '''picador propiamente dito''', típico dos [[afaníptero]]s está composto por un labio superior tubular ou semitubular, unhas mandíbulas en forma de láminas estreitas, puntiagudas, longas e dentadas, dúas maxilas libres con palpos e un labio inferior reducido a unha peza e con dous palpos labiais longos.
 
[[Ficheiro:Inxecto en Bastavales, Brión.Galiza.jpg|thumbminiatura|esquerda|Insecto común fotografado en Brión, Galiza]]
=== Percepción ===
Moitos insectos posúen órganos moi refinados de [[percepción]]; nalgúns casos os seus sentidos poden ser mellores que os dos humanos. Por exemplo, as [[abella]]s poden ver no espectro [[ultravioleta]] e captar os patróns de polarización da luz, e as [[avelaíña]]s macho teñen un sentido especializado do olfacto que axuda a detectar as [[feromona]]s das femias a moitos quilómetros de distancia.
=== Patas ===
 
[[Ficheiro:Insecto 054eue.jpg|thumbminiatura|esquerda|Insecto con patas adaptadas á natación]]
 
As patas están divididas en cinco segmentos: [[coxa]], [[trocánter]], [[fémur]], [[tibia]] e [[tarso]]. Os dous primeiros son de pequeno tamaño, os dous seguintes forman a parte principal da pata e o último está xeralmente dividido en tres partes distintas. Ao final sitúanse un par de unllas. As patas presentan distintas adaptacións, dependendo do tipo de vida que leve o insecto; adaptadas ó salto ([[saltón]]s), á escavación ([[grilo toupa]]), á depredación ([[mantis]]), a marcha sobre a auga ([[zapateiro]]), ou á recollida e almacenaxe de alimento ([[abella]]s).
103.099

edicións