Imperio Romano de Occidente: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RedBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: war:Katundan nga Imperyo Romano
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Extent of Western Roman Empire 395.png|thumbminiatura|200px|Extensión do Imperio Romano de Occidente sobre o 395.]]
O '''Imperio Romano de Occidente''' é o nome que se lle deu á parte occidental do [[Imperio Romano]] despois da súa división por [[Diocleciano]] no ano [[286]]. Tivo unha existencia política separada tras a morte de [[Teodosio I]] ([[395]]), quen deixou a parte occidental do seu imperio a [[Flavio Honorio|Honorio]].
 
Liña 26:
=== Os Hunos ===
 
[[Ficheiro:Checa-HunCharge.jpg|250px|thumbminiatura|Atila dirixindo ás súas hordas contra Italia]]
Reducido á Galia, Italia e parte de Hispania, o decadente Imperio viviu unha nova ameaza, peor aínda que as dos pobos xermánicos. Coa chegada dos [[hunos]] de [[Atila]] en [[451]], os romanos coñeceron a destrución total, os saqueos sistemáticos e o xenocidio de poboacións enteiras. O exército huno só puido ser expulsado da Galia grazas ao xenio militar do último gran xeneral romano, [[Aecio]], que aliado cos visigodos de [[Teodorico I|Teodorico]], os francos e os alanos, logrou derrotar na [[Batalla dos Campos Cataláunicos]] aos hunos e os seus vasalos [[ostrogodos]]. Sen embargo, Atila recuperouse e invadiu Italia en [[452]], deténdose só diante das portas de Roma cando o [[papa]] [[León I, Papa|León I Magno]] se entrevistou con el. Dous anos máis tarde, a envexa e os celos moveron ao emperador [[Valentiniano III]] a se desfacer do seu mellor xeneral, Aecio, condenando ao Imperio para sempre.
 
== O Final ==
 
[[Ficheiro:Rome476.jpeg|250px|thumbminiatura|Situación política de Europa no ano 476]]
A Valentiniano sucedérono emperadores cada vez máis febles e ficticios, ata que en [[476]], [[Rómulo Augústulo|Rómulo Augusto]], chamado despectivamente "Augústulo" por ser só un neno, foi deposto por [[Odoacro]], xefe dos [[hérulos]] (tribo ostrogoda). Porén, Odoacro quixo gañarse o favor do Imperio de Oriente enviando as insignias imperiais a Constantinopla, coroándose só como rei de Italia e polo tanto asumindo o goberno de forma simbólica en nome do Emperador de Bizancio. Xa que logo, considérase o 476 como o fin do Imperio Romano e a [[Idade Antiga]], e a Rómulo Augústulo como o último emperador, a pesar de que a autoridade de Occidente había tempo que era historia e que Oriente, en cambio, sobreviviu 1000 anos máis baixo o goberno dos bizantinos.