Club Deportivo Marino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
tradución da wikipedia en castelán
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 30:
Foi un dos fundadores da [[Preferente das Illas Canarias|Preferente de Tenerife]] e da Terceira División Canaria. Ademais sería un dos primeiros equipos do arquipélago en chegar a [[Segunda División B Española|Segunda División B]], ao conseguir o ascenso na tempada 1987/88. Tras cinco campañas nesta categoría descendeu directamente a Preferente por problemas económicos na tempada 1992/93.<ref>[http://www.eldia.es/2007-08-24/jornada/jornada31.htm O CD Marino buscará a permanencia e recuperar prestixio. [[El Día (Canarias)|El Día]]. 24/08/2007]</ref> Esa mesma campaña descendería á [[Primeira Interinsular-Tenerife|Primeira Interinsular]], pozo do que conseguiría saír catro anos máis tarde. Na 2006/07 queda subcampión de Preferente, logrando retornar a [[Terceira División Española|Terceira División]] ao derrotar na promoción de ascenso á [[Unión Deportiva Balos]] do municipio de [[Santa Lucía de Tirajana]].<ref>[http://arqueroarba.110mb.com/Regionales/Canarias/Tenerife/2006-07/0607-p.htm Resultados e clasificación. Preferente de Tenerife 2006/07.]</ref> Na tempada 2009/10, ao acabar en cuarta posición, tivo a posibilidade de alcanzar novamente a categoría de bronce do fútbol español pero non puido superar a primeira rolda da fase de ascenso ao quedar eliminado polo [[Club Deportivo La Muela|CD La Muela]], do dianteiro serbio [[Goran Drulić]].<ref>[http://www.eldia.es/2010-05-17/jornada/89-Muela-provoco-dolor-inesperado.htm La Muela provocou unha dor inesperada. [[El Día (Canarias)|El Día]]. 17/05/2010]</ref><ref>[http://www.eldia.es/2010-05-24/jornada/30-Marino-despide-dolor.htm O Marino despídese sen dor. [[El Día (Canarias)|El Día]]. 24/05/2010]</ref>
 
[[Ficheiro:CD Marino 2011.jpg|250px|left|thumb|Once inicial do Marino antes do partido contra o [[Club Deportivo Corralejo|CD Corralejo]] da terceira xornada da tempada 2011/12, que finalizou 2-2-]]
Na tempada 2011/12 conseguiu un histórico dobrete ao conseguir, por segunda vez na súa historia, a [[Copa Heliodoro Rodríguez López]] e o campionato de liga do grupo canario de [[Terceira División Española|Terceira División]]. Isto permitiulle disputar por segunda vez na súa historia o playoff de ascenso a [[Segunda División B Española|Segunda División B]]. O sorteo emparellouno co [[Club de Fútbol Fuenlabrada|CF Fuenlabrada]], ao que conseguiu sorprender no Estadio Fernando Torres gañando por un gol a dous a pesar de xogar con dez varios minutos. Unha semana máis tarde no Antonio Domínguez volveu vencer por dous goles a un, ascendendo así a [[Segunda División B Española|Segunda B]].<ref>[http://www.laopinion.es/deportes/2012/05/28/marino-asciende-grande/415512.html O Marino ascende ao grande. [[La Opinión de Tenerife]]. 28/05/2012]</ref><ref>[http://lavozdetenerife.com/not/16106/el_cabildo_felicita_al_cd_marino_por_su_ascenso_a_segunda_division_b/ O Cabido felicita ao CD Marino polo seu ascenso a Segunda División B. [[La Voz de Tenerife]]. 28/05/2012]</ref>