Igrexa de Santa María a Nova de Noia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Noia.Galiza.Igrexa do cemiterio.JPG|thumbminiatura|300px|Santa María a Nova.]]
A '''igrexa de Santa María a Nova''' é un dos monumentos relixiosos e históricos máis representativos da vila de [[Noia]]. Trátase dunha igrexa construída en [[1327]] sobre outra máis antiga (do século XII), no centro do [[cemiterio]] histórico da cidade, e posúe unha mostra singular de laudas sepulcrais que datan dos séculos XIV ó XIX. Foi declarada monumento histórico artístico en [[1973]] e non posúe culto, estando actualmente dedicada a [[Museo]].
 
Liña 5:
 
===Exterior===
[[Ficheiro:Noia, Santa María a Nova 01-39.JPG|thumbminiatura|250px]]
No exterior, destaca o [[tímpano (arquitectura)|tímpano]] da porta principal, que conserva restos da [[policromía]] orixinal. No tímpano represéntase a [[Adoración dos Reis]]: estes están á dereita da [[Virxe María|Virxe]], e á esquerda está a imaxe do bispo Landoira axeonllado e, tras del, [[Xosé de Nazaret|San Xosé]]. En [[1817]] construíuse un pequeno pórtico protexendo a entrada.
 
Liña 14:
 
===Interior===
[[Ficheiro:Noia Igrexa do cemiterio 3.JPG|thumbminiatura|250px|Retablo]]
[[Ficheiro:Sartego_de_Alvaro_Paz_Carneiro_en_Noia.JPG|esquerda|thumbminiatura|Sepulcro de Álvaro Paz.]]
No [[altar]] maior destaca un [[retablo]] [[barroco]], de [[1760]], no que se mostra, á esquerda, a imaxe da [[Virxe do Carme]] sacando as ánimas do [[purgatorio]], e á dereita, a [[Quinta Angustia]].
 
Liña 29:
 
==O cemiterio e o museo==
[[Ficheiro:Noia Cemiterio 1.JPG|thumbminiatura|250px|Vista xeral da parte sur do cemiterio. Pódense observar algunhas laudas de pedra antigas, algunha reaproveitada con placas de mármore por riba.]]
[[Ficheiro:Noia, Santa María a Nova 01-74.JPG|thumbminiatura|250px|Á esquerda, o baldaquino do século XVI, á dereita, outro moderno.]]
O [[cemiterio]] da igrexa de Santa María a Nova rodea a igrexa, de modo que esta o divide en dúas áreas, norte e sur. Na parte norte atópase o Cristo do Humilladoiro [http://www.museo.depo.es/coleccion/catalogo.castelao/ga.03110000.html?TCWMLsJePI], un [[cruceiro]] do século XVI, baixo un [[baldaquino]] <ref>En Galicia só hai constancia de dous baldaquinos exteriores protexendo un cruceiro, este de Noia e outro na Guarda. Existe un segundo baldaquino no cemiterio de Noia, pero é de factura moderna.</ref>. A cúpula do baldaquino, de forma piramidal, mostra dous relevos moi desgastados, un coas catro fases da [[lúa]] e outro cunha escea de [[cinexética|caza]] na que un animal ferido foxe dos cans. [[Castelao]] debuxouno na súa obra ''[[As cruces de pedra na Galiza]]'' [http://www.museo.depo.es/coleccion/catalogo.castelao/ga.03110000.html?TCWMLsJePI].