Igrexa de San Salvador de Camanzo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Pinturas na absida da igrexa de San Salvador de Camanzo, Vila de Cruces.jpg|thumbminiatura|250px|Igrexa de San Salvador de Camanzo.]]
A '''igrexa de San Salvador de Camanzo''' é a [[igrexa (arquitectura)|igrexa parroquial]] de [[Camanzo, Vila de Cruces|Camanzo]] ([[Vila de Cruces]]). Construída no ano [[1166]], é de planta basilical e conta con tres naves e tres [[ábsida]]s. Foi unha antiga igrexa monacal.
 
==O Mosteiro de Camanzo==
[[Ficheiro:Patio igrexa de San Salvador de Camanzo, Vila de Cruces.jpg|thumbminiatura|esquerda|200px|Arcos do antigo mosteiro.]]
O Mosteiro de Camanzo foi un mosteiro bieito fundado no [[século X]] polo Conde Don Gonzalo e a súa muller Dona Tareixa. Nun principio servía unha comunidade de monxes e pasou despois a ser de monxas bieitas. A raíña [[Urraca de León e Castela|Dona Urraca]] deixou no seu testamento vaias mandas a favor dos monxes do mosteiro. Desapareceu ao ser incorporado a [[Convento de San Paio de Antealtares|San Paio de Antealtares]] en [[1516]]. A igrexa debeu construírse aproveitando o período de esplendor do mosteiro, que coincide co remate do de [[Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro|Carboeiro]]. Do mosteiro quedan algúns restos, como a arcada que pertenceu á sala capitular. Son arcos semicirculares sobre dúas columnas con ornamentación de follas e a arquivolta do arco presenta ornamentación de bólas.
 
==Descrición==
[[Ficheiro:Porta igrexa de San Salvador de Camanzo, Vila de Cruces.jpg|thumbminiatura|250px|Porta principal.]]
A igrexa é de planta primitiva basilical, consta de tres naves e tres ábsidas semicirculares. A nave central é máis alta cas laterais, divididas en catro tramos e separadas por piares cruciformes. As naves están divididas por piares rectangulares con columnas adosadas nas frontes sobre as que descansan os arcos formeiros que aínda se conservan. Os arcos máis próximos á cabeceira son apuntados, o que indica unha reforma no [[Arquitectura gótica|Gótico]]. Os capiteis tanto das columnas das capelas da cabeceira como dos arcos das naves son románicos e teñen unha ornamentación xeométrica e floral. Os arcos de ingreso ás capelas da cabeceira están formados por arquivoltas ornamentadas. Parte de bóveda de canón sobre o presbiterio está cuberta por pinturas do [[século XVI]].