Igrexa de San Pedro de Ansemil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Igrexa de San Pedro de Ansemil.JPG|thumbminiatura|right|400px|Fachada da igrexa e capela]]
'''San Pedro de Ansemil''' é a igrexa parroquial de [[Ansemil, Silleda|Ansemil]], no concello de [[Silleda]]. Conforma o conxunto unha [[igrexa (arquitectura)|igrexa]] [[arquitectura románica|románica]] de planta basilical con tres naves e tres [[ábsida]]s, á que se lle uniu unha capela [[arquitectura gótica|gótica]] que serviu para soterrar os cadaleitos da familia dos [[condes de Deza]].
 
==Historia==
[[Ficheiro:San Pedro de Ansemil. Capela dos Deza fachada.JPG|thumbminiatura|esquerda|250px|Fachada gótica da Capela dos Deza]]
É todo o que se conserva dun [[mosteiro]] [[Idade Media|medieval]] de monxas bieitas de bastante importancia na comarca, e veciño do [[Mosteiro de Carboeiro]].
 
Liña 14:
 
==Descrición==
[[Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Fachada occidental.JPG|thumbminiatura|right|210px|Fachada occidental]]
Na actualidade consérvanse dúas construcións: unha igrexa románica e acaroada ao seu muro sur unha capela gótica. A primeira foi o resultado da reforma dunha construción anterior perrománica, e debeu rematarse arredor do ano [[1171]].
 
Liña 28:
 
====As ábsidas====
[[Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Capela dos Deza Ventana.JPG|thumbminiatura|esquerda|180px|Vano gótico da Capela]]
A ábsida lateral meridional ábrese cun arco triunfal de medio punto peraltado e dobrado apoiado sobre pilastras a modo de xambas. No interior cúbrese con bóveda de canón. A ábsida lateral setentrional aparece pechada por un murete cunha porta no centro. A bóveda desta ábsida arrinca apoiada nunha imposta a maior altura ca do arco trunfal.
 
Liña 39:
===Exterior===
Exteriormente non semella que o templo estea composto de tres naves xa que é un rectángulo cuberto a dúas augas con tres ábsidas engadidas á cabeceira.
[[Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Capitel1.JPG|thumbminiatura|esquerda|225px|Capitel esquerdo da fachada occidental]]
[[Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Capitel2.JPG|thumbminiatura|right|225px|Capitel dereito da fachada occidental]]
A '''fachada occidental''' é plana, sen contrafortes e rematada cunha torre de principios do [[século XX]]<ref>Con total seguridade con posterioridade ao ano 1909, ano no que Enrique Campo fixo un debuxo da fachada onde se ve unha espadana de dúas troneiras cun carneiro, e en lugar da ventá rectangular actual unha saetera.</ref>. A ámbolos lados da porta ábrense dúas saeteras fronte as naves menores e unhas fiestras xeminadas de tempos de [[Afonso III de Asturias|Afonso III]], elementos reutilizados do primeiro templo. As arquivoltas descansan sobre dous pares de columnas con [[basa]]s áticas con algunhas alteracións, [[fuste]]s monolíticos, lisos e exentos. Os capiteis máis exteriores presentan motivos vexetais: grandes follas con vértices terminado en espiral a modo de volutas. Os capiteis interiores, o dereito representa dous leóns enfrontados e o esquerdo a un home vestido con túnica e calzado con [[borceguí]] sostendo nas mans sobre o peito un libro aberto. Fáltalle a cabeza. No mesmo capitel tralo home dúas cabezas humanas e aos lados dous homes espidos cunha man no muslo e outra nos xenitais.
 
Tampouco presentan [[contraforte]]s os muros laterais. O '''muro meridional''' apenas é visible catro metros por ter engadida a capela. No beirado presenta unha decoración con bolas no chaflán da cobixa, con canzorros de follas, cabeza de felino e outra de bóvido. Tamén se abre cunha saetera. O '''muro setentrional''' semella modificado. Carece de cornixa e de saeteras. Ábrese cunha porta alintelada, o lintel un enorme perpiaño presenta traballado un arco de medio punto e inscrito nel un arquiño pentalobulado (con arcos de ferradura) e no seu interior unha cruz grega.
[[Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Canzorro 8.JPG|thumbminiatura|right|200px|Canzorro erótico]]
O '''muro ocidental''' aparece prolongado por un conraforte que se mella engadido con posterioridade. Ábrese cunha pequena saetera. No piñón do muro un carneiro cunha cruz trebolada de brazos flexionados.
 
Liña 54:
 
==A Capela funeraria dos Deza==
[[Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Capela dos Deza timpano.JPG|thumbminiatura|esquerda|200px|Agnus Dei]]
[[Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Capela dos Deza Virxe co neno.JPG|thumbminiatura|right|130px|Virxe co neno]]
A dereita da igrexa e unida a ela a través dun arco apuntado atópase a coñecida como [[Capela señorial dos Deza]], obra gótica do [[século XIV]] chamada así por conservarse nela o sepulcro de [[Diego Gómez de Deza]] do ano [[1341]].