Ido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 33:
 
== Historia ==
[[Ficheiro:IdoLogo.png|thumbminiatura|150px|esquerda|Logo da lingua Ido]]A petición da Delegación para a Adopción dunha Lingua Internacional Auxiliar á [[Asociación Internacional de Academias]] en [[Viena]] para escoller unha lingua internacional foi desestimada en maio de [[1907]]. A delegación, que fora fundada por [[Louis Couturat]], decidiu reunirse en Comité en [[París]] en outubro de [[1907]] para discutir a adopción dunha lingua internacional estándar de entre as competidoras que apareceran nesa época. De acordo coas actas do Comité, decidiuse que ningunha lingua cumpría todas as expectativas, pero que o [[esperanto]] podería ser aceptada ?debido á súa relativa perfección e polas moitas e diversas aplicacións que actualmente xa ten, baixo a condición de que se realicen diversas modificacións levadas a cabo pola comisión permanente na dirección definida polas conclusións do informe dos secretarios (Couturat e [[Leopold Leau]]) e polo Proxecto Ido que logo foi presentado ao comité como traballo anónimo. O Proxecto Ido foi máis tarde revisado por Couturat con axuda de representantes do esperanto antes de ser presentado ao Comité, [[Louis de Beaufront]]. Beaufront púxose a favor do esperanto durante o proceso, pero as melloras adoptadas pola nova lingua provocan a súa "conversión" ao ido, o que supón un reforzo das súas posicións iniciais e un acto de coherencia.
 
[[Ficheiro:Ido Kongreso en Desau 1922.jpg|thumbminiatura|300px|Fotografa do Congreso Internacional de Ido en [[Dessau]], [[Alemaña]] en [[1922]].]]
Os primeiros promotores do esperanto resistíronse ás reformas e o propio inventor, [[L.L. Zamenhof]] non as aceptou. Ironicamente, algunhas reformas adoptadas polo ido foran así mesmo propostas varias veces por Zamenhof, aínda que só propuxo varias reformas para contentar a varios esperantistas que o pediron. En [[1894]], propuxo eliminar as letras acentuadas por ser "unha barreira na difusión da lingua", eliminar tamén o [[caso acusativo]], cambiar o plural -oj ao italián -i, e prescindir da concordancia adxectivo-sustantivo por considerala un ''lastre superfluo''.<ref>[http://64.233.187.104/search?q=cache:ghCLenIyOzEJ:www.geocities.com/paris/rue/8009/idolinguo/054_074.html+%22superfluous+ballast%22+zamenhof&hl=en]</ref> O hábito de manter inamovibles as regras básicas do esperanto aínda permanece grazas ao fundamento o esperanto sobreviviu ás guerras mundiais, conflitos internos do movemento e a calquera intento de debilitar o esperanto. Couturat, que foi o principal impulsor do ido, morreu nun accidente de coche en [[1914]], o cal, xunto á [[Primeira Guerra Mundial]] supuxo un serio revés ao movemento. A pesar de que este se recuperou en certo xeito durante período de entre-guerras todo o movemento para a instauración dunha lingua internacional sufriu un proceso de fragmentación tras a morte de Couturat. A publicación doutra lingua máis europeizada, o [[interlingue|occidental ou interlingue]], en 1922 supuxo o inicio dun proceso de atomización da comunidade e o ido perdeu a maior parte das súas publicacións periódicas. A ''deserción'' dun dos seus principais promotores, o lingüista danés [[Otto Jespersen]], en 1928 con ocasión da publicación da súa propia linguaxe (o [[novial]]), pareceu sentenciar ao ido. Despois das guerras mundiais, aos poucos levantouse o movemento idista, pero este comezou a perder membros e case todas as sociedades nacionais desapareceron, incluíndo a Academia de Ido. Actualmente existen un puñado de sociedades que son máis virtuais que reais aínda que é digno de destacar a sociedade idista de Berlín, o único club idista existente. Este club edita unha revista bilingüe alemán-ido e participa activamente na feira de idiomas de Berlín.
 
Algúns observadores achacaron o declive do ido ao seu carácter híbrido (parte proxecto de reforma do Esperanto, parte [[Hipótese de Sapir-Whorf|estándar común europeo]]). Segundo isto, no mesmo instante en que o ido non puido suplantar ao esperanto e que non foi adoptado pola comunidade esperantista, moitos viron a convivencia entre ambas as linguas como un peso innecesario e dirixíronse cara a outros proxectos. Moitos tamén preferiron retornar á comunidade esperantista, moito máis numerosa.
 
[[Ficheiro:Flag of Ido.svg|thumbminiatura|esquerda|200px|Bandeira do ido]]
Nos [[anos 1930|anos trinta]] a decadencia do ido viuse retardada e durante a longa xestación do proxecto da [[Asociación da Lingua Auxiliar Internacional]] (en inglés International Auxiliary Language Association, IALA) o movemento idista mantivo unha importancia significativa na matriz da [[interlingüística]].