Humor negro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Hopscotch to oblivion.jpg|thumbminiatura|right|[[Mariola]] ao máis alá, en Barcelona.]]
O '''humor negro''' é un tipo de [[humor]] que se exerce a propósito de cousas que suscitarían, contempladas dende outra perspectiva, piedade, [[terror]], mágoa ou emocións similares. Cuestiona situacións sociais que xeralmente son serias mediante a [[sátira]]. O asunto máis recorrente no humor negro é a [[morte]] e todo o que está relacionado con ela. Incumbe os temas máis escuros e dolorosos para o [[ser humano]] e que, por norma xeral, adoitan resultar controvertidos e polémicos para a [[sociedade]] porque están relacionados coa [[moral]]. Algúns exemplos poden ser: as grandes [[traxedia]]s, as normas sociais, o [[sexo]], os [[asasinato]]s, o [[suicidio]], as enfermidades, a pobreza, a tolemia, o [[terrorismo]], as discapacidades, a [[guerra]], a [[relixión]], a [[política]] etc, representados sempre en forma [[Comedia|cómica]].