Honolulu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RedBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Modifico: br:Honolulu
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 20:
== Historia ==
Non se sabe de certo cando foi que se estableceron en Honolulu os primeiros emigrantes [[Polinesia|polinesios]]. Algunhas descricións orais e artefactos atopados indican que no [[século XII]] xa había unha comunidade establecida no sitio onde hoxe se atopa Honolulu. Con todo, cando Kamehameha I conquistou Oahu na Batalla de Nuuanu Pali, o monarca trasladou o seu corte da illa de Hawai a Waikiki en [[1804]]. A súa corte volveu mudarse, en 1809, onde hoxe atópase o centro de Honolulu. O capitán [[Inglaterra|inglés]] William Brown foi o primeiro estranxeiro en arribar, en [[1794]], ao que hoxe é o porto de Honolulu. Desde entón unha gran cantidade de barcos estranxeiros comezarían a visitar o porto, convertendo a Honolulu nun punto frecuentado polas naves mercantes provenientes de [[Norteamérica]] e [[Asia]].
[[Ficheiro:Honolulu - NASA.jpg|right|thumbminiatura|300px|Honolulu vista desde a Estación Espacial Internacional.]]
En [[1845]], Kamehameha III cambiou a capital do reino de Hawai de Lahaina, en [[Maui]], a Honolulu. Durante o seu reinado e o dos seus sucesores Honolulu transformouse nunha moderna capital, coa construción de edificios como a Catedral de Santo Andrés, o Palacio 'Iolani e Aliiolani Hale. Ao mesmo tempo, Honolulu converteuse no centro do comercio nas illas, co establecemento de grandes empresas no centro polos descendentes dos misioneiros estadounidenses.
A pesar da historia turbulenta de finais do [[século XIX]] e principios do [[século XX]], que inclúe a caída da monarquía hawaiana, a anexión aos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] e o ataque dos [[Xapón|xaponeses]] na [[Segunda Guerra Mundial]], Honolulu nunca deixou de ser a capital, cidade máis grande, e principal porto marítimo das illas hawaianas.