Historia de Istambul: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
'''[[Istambul]]''' é unha [[cidade]] situada na encrucillada de dous [[continente]]s, [[capital]] do [[Imperio Romano de Oriente]], de [[Bizancio]], capital do [[Imperio Otomán]], e ponte entre dúas culturas. Na [[historia]] desta cidade entrecrúzanse as civilizacións e [[relixión]]s e mestúranse feitos moi diversos que amosan a importancia deste enclave urbano ao longo da historia.
 
[[Ficheiro:Bizansist touchup.jpg|thumbminiatura|600px|right|[[Istambul - İstanbul|Istambul]] en tempos do [[Imperio Bizantino]]]]
== Situación xeográfica ==
{{Artigo principal|Estreito do Bósforo}}
Quizais o lugar onde se asenta '''[[Istambul]]''' sexa o máis privilexiado da historia tal como ten pasado ata a época contemporánea. É un punto crucial: a divisoria natural entre [[Europa]] e [[Asia]], oriente e occidente, que ademais é o lugar de paso entre o norte e o sur, o [[Mar Negro]] e o [[Mediterráneo]]. Era case obrigado que aquí existise sempre unha cidade importante.
 
[[Ficheiro:Panoramic view of Constantinople-1876-6a23331r.jpg|thumbminiatura|790px|[[Corno de Ouro]] en primeiro termo; [[Mar de Mármara]] ao fondo; entrambos a punta onde se asentou Bizancio; á esquerda discorre o Bósforo, perdéndose ao norte cara o Mar Negro; na outra beira, Asia.]]
 
De certo hai restos de poboamento tan antigos coma o home en ambas as dúas beiras do [[estreito do Bósforo]]. Ademais, á encrucillada vénse sumar o chamado [[Corno de Ouro]], unha enseada, magnífico porto natural, entrada de auga na parte europea dende o Bósforo, que deixa unha península dominando o acceso a aquel dende o [[Mar de Mármara]] polo sur. De feito, no lugar existía dende o [[século -XIII|século XIII aC]] un asentamento [[Tracia|tracio]], [[Ligos]].
Liña 12:
== Bizancio ==
{{Artigo principal|Bizancio}}
[[Ficheiro:Constantinople_map_German.png|thumbminiatura|right|200px|Bizancio en cor máis escura]]
 
Esa excelente situación non foi aproveitada polos colonos de [[Megara]] ao fundar a súa primeira colonia, [[Calcedonia]], na beira oposta.
Liña 27:
== Nova Roma: Constantinopla ==
{{Artigo principal|Constantinopla}}
[[Ficheiro:Aya sofya.jpg|thumbminiatura|right|250px|Hagia Sofía]]
No [[324]], a guerra civil entre [[Licinio]] e [[Constantino]] rematou coa derrota do primeiro e unha nova destrución das murallas da cidade. [[Constantino I o Grande]] investiuse coma único emperador e veuse na necesidade de resituar a capitalidade do Imperio ([[Roma]] estaba moi lonxe de oriente, chea de epidemias e intrigas). Bizancio era a mellor localización. Por outra banda, é preciso ter en conta que dende o [[Edicto de Milán]] no [[313]], o [[cristianismo]] era relixión oficial no imperio.
 
O plan da nova cidade ([[330|330 d.C.]]), que chamou '''Nova Roma''', superpúñase á de Septimio Severo no seu centro representativo, o remate do Hipódromo<ref> [http://pages.usherbrooke.ca/croisades/big_images/v_constantinople_hippodrome2.jpg Maqueta do Hipódromo de Constatinopla]</ref> <ref>[http://www.byzantium1200.com/hipodrom.html Reconstrución virtual do Hipódromo de Constantinopla]</ref>; un gran foro, o Augustaion, no lugar do Tetrastoon; e unindo ambos espazos públicos o Gran Pazo Imperial, coa súa porta cerimonial (Chalke) cara ao foro e o palco real (Kathisma) ao hipódromo. Ao norte do Augusteon, entre este e os templos pagáns da antiga acrópole mandou construír as primeiras [[igrexa (arquitectura)|igrexas]] (primitivas Santa Irene e Santa Sofía polo seu sucesor [[Constantino II]], [[360|360 d.C.]]).
 
[[Ficheiro:Walls of Istanbul 06135.jpg|thumbminiatura|esquerda|250px|Murallas de Constantinopla]]
Para a cidade en si, cuadriplicou a súa superficie cara ao oeste e pechouna con novas murallas.<ref>[http://www.unc.edu/awmc/downloads/connorConstLblMed.jpg Mapa da Constantinopla bizantina]</ref> A extensión comezaba nunha esquina do foro co chamado Milion, marco de comezo de tódalas rutas do imperio. De aí arrincaba a vía principal da cidade, Mese, que no seu percorrido porticado ata as murallas ía atopando varios foros<ref>[http://www.kosovo.net/news/archive/2004/October_08/files/1097250162_s1qdaq78jk7_const6c.jpg Constantinopla]</ref>: primeiro, o circular Foro de Constantino<ref>[http://www.byzantium1200.com/forum-c.html Reconstrución virtual do Foro de Constantino]</ref>; despois o Foro Tauri o de Teodosio<ref>[http://www.byzantium1200.com/forum-t.html Reconstrución virtual do Foro de Teodosio]</ref>, o Foro dos Bois abaixo, no val do Licos, e finalmente o Foro de Arcadio. Tralo foro de Teodosio a Mese duplicábase cun ramal cara ao noroeste, onde mandou construír a fundacional (do tipo central en cruz grega con cinco cúpulas<ref>[http://www.sacred-destinations.com/turkey/images/istanbul/church-of-holy-apostles-illumination.jpg Miniatura bizantina representando a Igrexa dos Santos Apóstolos]</ref>) igrexa dos Santos Apóstolos sobre do que era un templo pagán. Alí foi enterrado cando morreu. O conxunto urbano inda estaba en construción e foron os seus sucesores os que o foron completando . A cidade recibiu entón o nome de '''[[Constantinopla]]''' (Constantinópolis).
 
Liña 38:
 
== Xustiniano ==
[[Ficheiro:Constantinople_center.svg|thumbminiatura|300px|Centro monumental de Constantinopla arredor do Gran Palacio|]]
O cénit deste primeiro esplendor da capital lógrase co goberno de [[Xustiniano I]] ([[527]]-[[565|65]]), onde Constantinopla xa é a meirande cidade do mundo (500.000 habitantes).
 
Liña 45:
 
Santa Sofía soamente foi o estandarte dun grupo de igrexas fundamentais na historia da cidade: aos mesmos arquitectos, Xustiniano encargoulles a erección dun templo maior dos [[Apóstolo|Santos Apóstolos]] (salvando o Mausoleo de Constantino) onde enterraríase el e os seguintes emperadores ata o medievo; ademais San Polieucto e Santos Serxio e Baco, que podería ser un precedente para Santa Sofía; e unha nova [[Santa Irene]], xa que a primitiva tamén fora incendiada na revolta.
[[Ficheiro:Istanbul - Basilica Cistern - 01.JPG|thumbminiatura|esquerda|200px|Basílica Cisterna]]
Despois viñeron séculos de decadencia ante a puxanza árabe, coa [[controversia iconoclasta]] polo medio (s.VIII-IX, tantas estatuas e tesouros artísticos que decoraban a cidade foron destruídos) onde soamente son salientables pequenas igrexas de mosteiros (Constantino Lips, Salvador de Cora).
 
Liña 55:
 
== Tempo das cruzadas: decadencia ==
[[Ficheiro:Byzantine Constantinople.png|thumbminiatura|right|250px|Plano da Constantinopla bizantina]]
Cos [[Comnenos]] no [[século XII]], Constantinopla viviu seu canto do cisne. Volveu a recuperar puxanza económica, política e artística. De novo foi brevemente a cidade maior do mundo.<ref>[http://www.byzantium1200.com/contents.html Monumentos de Bizancio, visita virtual]</ref> Aínda que as obras de arte máis notables do período sexan as musivarias é de destacar o Pazo das Blanchernas (Tekfur) xunto a muralla exterior e o Corno de Ouro <ref>[http://www.byzantium1200.com/tekfur.html Recreación virtual do Pazo de Tekfur]</ref>.
 
Liña 61:
 
== Imperio Otomán: Istambul ==
[[Ficheiro:Map of Constantinople (1422) by Florentine cartographer Cristoforo Buondelmonte.jpg|thumbminiatura|right|Mapa de Constantinopla (1422), polo cartógrado florentino Cristóforo Buondelmonte]]
[[Ficheiro:Sarayi Album 10a.jpg|thumbminiatura|esquerda|120px|Sultán Mehmed II]]
 
O [[29 de maio]] de [[1453]], Constantinopla por fin caeu, e a historia deu un xiro, cara a occidente.
Liña 76:
 
== Suleimán e Sinan ==
[[Ficheiro:Fer - Veue de Constantinople.png|thumbminiatura|right|250px|Nicolas de Fer: Vista de Constantinopla, Paris 1696]]
[[Ficheiro:Topkapi Palace Bosphorus.JPG|thumbminiatura|250px|esquerda|Pazo de Topkapi desde o Bósforo]]
Tralo sinal deixado na cidade do "Conquistador" (Fatih), cada sultán quixo deixar a súa pegada con algunha grande obra. Así a [[Mesquita de Bayaceto II]] xunto ao bazar ([[1491]]-[[1506]]).
Pero o esplendor da capital otomana viría da man de [[Suleimán o Magnífico]] e o seu arquitecto [[Sinan]] (a altura do contemporáneo [[Miguel Anxo]]). Con el a arquitectura otomá alcanzaría o clasicismo, conxugando as súas antigas raizames persas coa influencia bizantina exemplificada no modelo de Santa Sofía. A primeira obra mestra será a [[Mesquita Shezade]] ([[1543]]) xunto ao acueduto de Valente.
Liña 85:
 
== Século XIX ==
[[Ficheiro:Dolmabahce.jpg|thumbminiatura|esquerda|250px|Pazo de Dolmabahçe]]
Pero coa decadencia do Imperio Otomán, Istambul tamén perdeu pulo. Os [[século XVIII|séculos XVIII]] e [[século XIX|XIX]] supuxeron os dun adormecemento no que o organismo urbano do pasado bastaba para conter a cidade presente.<ref>[http://www.tooleys.co.uk/m07/e020.jpg Plano de Constantinopla no século XIX]</ref> Só cabe salientar algunha obra singular coma o [[Pazo de Dolmabahçe]] á beira do Bósforo. Dende a metade do século o centro da cidade moderna desprázase progresivamente cara ao norte do corno, máis aló dos barrios de Gálata e Pera (Beyoglu), coa rúa Istiklal coma eixo e a Praza Taksim coma foco<ref>[http://www.photoeurasia.com/pictures/maps/000/00/m/0016607m.jpg Plano de Constantinopla]</ref><ref>[http://archnet.org/library/images/one-image-large.jsp?location_id=2610&image_id=166715 Localización do barrio Beyoglu]</ref>. Para tal desenvolvemento precisábanse pontes sobre do corno e, por primeira vez na súa longa historia (houbera proxectos do sultán Bayaceto no [[século XVI|XVI]] mesmo con [[Leonardo da Vinci]]), dous tendéronse en sucesivas estruturas ao longo do XIX.
 
== Istambul contemporáneo ==
[[Ficheiro:Taksim Square.jpg|thumbminiatura|200px|Praza Taksim]]
[[Ficheiro:Bosphorus.jpg|thumbminiatura|400px|esquerda|Ponte sobre o Bósforo.]]