Historia de México: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 5:
Os primeiros testemuños de presenza humana no actual territorio de México datan de hai aproximadamente 20.000 anos<ref>Alicia Hernández Chávez ''México. Breve historia contemporánea''. Fondo de Cultura Contemporánea, 2000, páxina 18 </ref>; nesta época pequenos grupos de cazadores comezaron a poboar lentamente o [[continente]]. Tense a crenza de que xa sabían utilizar o [[lume]] e xa fabricaban algunhas [[ferramenta]]s sinxelas de pedra, coas que curtían roupas de peles e facían obxectos de madeira e óso. Eran [[nómade]]s e cabía a posibilidade de que se organizaran en familias tanto para a cacería, como para algún outro fin. A estimación fíxose oportuna por mor de que a Terra vivía a súa derradeira glaciación, chamada “Wisconsiniana”, que se iniciou aproximadamente desde hai 70.000 anos até os 18.000 anos. Quizais entre os 22.000 e os 14.000 anos tivo lugar o inicio dunha etapa na que a recolección era máis importante que a cacería. Tamén se cre que a organización social que prevalecía era a familia nuclear, ou de grupos pequenos con relacións moi débiles. Seguía a fabricación de instrumentos de pedra grandes, toscos, elaborados por percusión directa ou indirecta.
 
Os testemuños máis antigos que se coñecen até hoxe do ser humano de Mesoamérica son os que proporcionan as escavacións de '''[[Tlapacoia]]''' (situada a uns 25 km ao sueste da cidade de México), que demostran que xa había habitantes alí hai aproximadamente 21.000 anos. O primeiro asentamento de interese foi o da civilización [[olmeca]], que nace na rexión costeira do Golfo de México, ao redor do ano 18.000 e esténdese nos actuais estados de [[Veracruz]] e [[Tabasco]]. Estímase que sobre o 7.000 a súa poboación puido chegar aos 350.000 habitantes, cunha forma propia de organización social e política, pero sobre todo, cun grande avance cultural, técnico e artístico. As exploracións revelaron tres sitios de grande importancia, até este momento: [[A Venta - La Venta (México)|A Venta]], [[San Lourenzo]] e [[Tres Zapotes]]. A Venta, por exemplo, xa senta as bases do trazado de cidades do altiplano, como serían [[Teotihuacán]] ou [[Tenochtitlán]]. Outro capítulo que axudou a asentar o trazado foi a extinción dos grandes mamíferos, o cambio do clima de frío ao máis cálido, coa aridez en determinadas rexións, e a elevación xeral do nivel dos mares. A economía desta etapa baseábase na caza de animais pequenos, como [[coello]]s e [[veado]]s, aínda que a [[recolección]] continuou cunha maior variedade de [[produto]]s: [[aguacate]], [[millo]], [[cabaza]] e numerosos froitos de [[cactácea]]s. A unidade social fundamental seguía sendo a familia nuclear, aínda que esta xa comezaba a agruparse en bandas formando quizais o primeiro pobo (Tehuacán, Puebla). Nesta etapa evolucionou a técnica de talar a pedra, coa aparición de puntas de proxectil de pedra de forma foliácea e as acanaladas, que permitían fixar con precisión a punta ao mastro. Entre os anos 7.000 o 5.000 o home comezou a cultivar. As zonas por aquelas parecían localizadas nos vales das lagoas de México para os cazadores de [[mamut]]s, que á vez se dedicaban á pesca e recolección de produtos do campo; e os abrigos rochosos do estado de Tamaulipas nos que xa era máis común o cultivo; no especial de millo que comeza a sela dieta do poboadores. O inicio da [[agricultura]] é un fenómeno que sufriu unha longa e complexa evolución, caracterizada pola domesticación das [[gramínea]]s e outras plantas comestibles, e a creación de aldeas permanentes, en México. Ao final comezouse a cultivar o algodón, co que se fabricaban teas de calidade superior ás que ata entón se obtiñan coas fibras do maguey e do liño. Ademais da domesticación de animais, entre os que se atopaba o itzcuintli, un can comestible. [[Ficheiro:Teotihuacan1972A.jpg|thumbminiatura|right|200 px|[[Teotihiacán]], vista aérea feita desde unha avioneta no ano [[1972]]; pódese apercibir a maioría do complexo cultural dunha cidade que perduraría durante moitos séculos.]]
 
===Mesoamérica===
Liña 18:
A maior parte da arquitectura mesoamericana é de carácter eminentemente relixioso. Neste sentido débense interpretar tamén os chamados pazos que, probablemente, estaban destinados a servir de habitación aos sacerdotes. Exemplos destos pazos témolos no Palenque, Uxmal, Teotihuacán, etc. É neste lugar onde se pode situar o nacemento da [[columna]] e a [[pilastra]]. Esta columna ou pilastra terá caracteres definidos en [[Tula]] (no templo de Tlahuizcalpantecuhtli) e é na civilización tolteca na que estende o seu uso ata lugares tan afastados entre si como A Queimada (Zacatecas), Chichén-ltzá (Yucatán) ou Mitla (Oaxaca). A típica columna tolteca é a representación dunha [[serpe]] emplumada, cuxa cabeza serve de base ao corpo, con plumas de [[quetzal]], é o fuste, e cuxa cola, con cascabeis, constitúe o capitel. Con este aspecto ían florecendo no altiplano central cidades comas as de Cholula e Teotihuacan, da que se di que era o prototipo de cidade mesoamericana, na que se deu en varias etapas. A área comezou a poboarse cara o ano 200 A.C. Nela atopáronse ruínas de templos, pazos e grandes prazas, cun abarcamento duns 20 Km². Pódese dicir que as construcións máis importantes son: a ''pirámide do Sol'' (que mide 222 m. do leste ao oeste, 225 m. do norte ao sur e presenta 64 m. de altitude), e a ''pirámide da Lúa'' (que mide 147 m. do leste ao oeste, 118 m. do norte a sur e 45 m. de altitude). Os murais ao fresco foron moi abundantes nesta cidade.
 
A sociedade teotihuacana era unha sociedade teocrática, estaba conformada por distintas clases sociais entre as que dominaban os sacerdotes e militares, as clases baixas eran os habitantes dos barrios de artesáns, os comerciantes e os agricultores de terras comunais. Estímase que a súa decadencia puido suceder entre o 650 e o 700 D.C. Estas cidades estaban intimamente ligadas entre si e a súa influencia estendeuse a [[Oaxaca]], [[Guatemala]], [[O Taxín]] e o occidente de México. No centro da área oaxaqueña está rexida polo Monte Albán, cidade zapoteca cuxa influencia cultural chegou até Cholula e Huexotzinco sobre os anos 700. Na área [[Civilización maia|maia]], en costas do Golfo de México, nas zonas do [[Panuco]], [[Tancahuitz]], [[O Ébano]] e [[Tamposoque]], floreceron centros cerimoniais huaxtecos cos seus típicos edificios de plantas circulares ou de esquinas redondeadas. Na área tiveron importancia as cidades de [[Curutarán]], [[Apatzingan]], [[Xiquilpan]] e [[Zinapécuaro]]; de todas estas culturas falaremos máis adiante. [[Ficheiro:Cabezolmeca.jpg|thumbminiatura|esquerda|200 px|Unha das cabeza feitas polos Olmecas, situada entre o Palenque e Villahermosa.]]
 
===A cultura olmeca===
Liña 32:
 
===Os toltecas, os maias e os otomís===
Pero novos pobos, que penetraron grazas á desaparición de [[Teotihuacán]], déronlle transformación á organización política existente. Houbo cambios nos réximes teocráticos por gobernos da maioría militarista; isto pódese apreciar nas pinturas e na escultura da época nas que os guerreiros substitúen aos sacerdotes. Así, coñecese a segunda gran cultura do altiplano mexicano, a dos '''toltecas'''. A cultura tolteca desenvolveuse na zona que hoxe corresponde ao estado de [[Hidalgo]] e unha parte de [[Querétaro]]. Houbo unha grande influencia no seu redor, tanto nas súas concepcións de organización social, coma nas relixiosas e nas artísticas, transcendendo amplamente polas súas achegas culturais. A cidade de [[Tula]] converteuse deste modo nun elevado foco cultural. Como xa se dixo, ao rematar a hexemonía de [[Teotihuacán]] no val de México, abriuse un período de fragmentación nos que moitos estados pequenos dividíronse o territorio. Un destes pequenos grupos, o [[mexica]], pouco importante politicamente nun principio, daría lugar a gran cultura que atoparon os españois no altiplano, nucleada ao redor da grande urbe de Tenochtitlan. No ano 1325 establecéronse nunha pequena illa no arquipélago do [[lago de Texcoco]]; o seu asentamento era símbolo da humildade da súa condición e do desprezo de que eran obxecto por parte dos pobos veciños, posto que os mexicas eran vasalos dos tepanecas de Azcapotzalco, situación que había de perdurar ata o ano 1427, momento no que se rebelan e logran a súa independencia iniciando así a súa ascensión política. Así, en menos de cen anos lograron constituírse no centro do mundo mesoamericano, coñecido por aquel tempo como o inicio do imperio [[Azteca]], do que volveremos a tratar un pouco máis adiante. [[Ficheiro:39530972azt.jpg|thumbminiatura|right|200 px|Os [[azteca]]s foron a fusión derradeira da todas as culturas relixiosas e culturais do estado de México.]]
 
No sueste, entre as [[Fraga (botánica)|fragas]] e os ríos de [[Chiapas]] e [[Quintana Roo]], levantouse un dos testemuños máis impresionantes da cultura antiga americana: os [[civilización maia|maia]]s. Toda a rexión surleste da República mexicana foi cuberta pola civilización maia en diversos momentos do seu desenvolvemento; pero o maior esplendor alcánzase na rexión antes descrita, unha zona selvática e intrincada que co paso do tempo reservou para si moitas das respostas maias, ocorrería isto entre os anos 300 e 900 da nosa era. Centrada case nunca totalidade no actual departamento guatemalteco de [[Petén]] e nas áreas próximas dos estados de Chiapas e Tabasco, así como o territorio de [[Belice]] e a zona occidental de [[Honduras]]. Talaban con obsidiana e pedernal utensilios e armas, ou fabricaban con pedra puída. Tamén o [[millo]] era a base da alimentación dos [[Civilización maia|maia]]s. Completaban a súa subsistencia con [[tubérculo]]s, [[faba]]s, [[cabaza]] e [[chile]]s, ademais dunha froita da árbore chamada "ramón". A caza, a recolección, a pesca e a domesticación dalgúns animais eran parte da súa economía. Algunhas das súas cidades son: Tikal, Uxmal, Dzibilchaltún, Iaxchilán, Bonampak, Copán e Palenque. Os maias posuían un sistema vixesimal e mostraron grande interese pola [[astronomía]]. Por suposto, e como algunhas culturas máis, ao final do período Clásico a cultura maia decaeu. Outro tanto se pode dicir que pasou cos herdeiros dos principios culturais dos olmecas e das culturas do altiplano, alcanzaron un alto grao de refinamento na su vida cotiá. Lexisladores, astrónomos, artistas, escribas e sacerdotes, os maias evolucionaron sobre todo na arte, a ciencia e a relixión, ata chegar o seu misterioso fin.
Liña 43:
 
===Os aztecas===
Retomando as liñas anteriores e, nun momento no que os chichimecas estaban sometidos a unha aceleración no ritmo cultural xunto cun nacente poderío que topaba coa resistencia dos tepanecas de Azcapotzalco apoiados polos chalcas e os culhuas, chega á rexión dos lagos un grupo de labregos e pescadores que falaba un idioma [[náhuatl]] que buscaba un medio adecuado para as súas actividades. Sobre o ano 1276 chegan a [[Chapultepec]], pero ao ser unha zona estratéxica foron expulsados polos pobos xa asentados no val, polo que pasaron a ser vasalos dos [[tepaneca]]s e a establecerse en [[Culhuacán]] e [[Acolhuacan]], dándoselles a liberdade ao loitar contra o señor de Xochimilco. O último destes pobos era os Mexicas ou Aztecas, que se viron na obriga de buscar un lugar onde poder fundar unha cidade. A peregrinación viña en base dunha lenda do deus Huitzilopochtli, segundo a cal poderían facer a cidade alí onde visen unha [[aguia]] pousada nun nopal comendo unha [[serpe]]. Isto ocorreu nun illote do [[lago Texcoco]] (ou Tetzcoco). Era o ano 1325 e fundaron un pequeno pobo de nome Mexico-Tenochtitlán. Os aztecas comezaron a intervir con decisión na vida política e militar dos demais pobos da cunca, aínda que nun principio o fixeron en calidade de mercenarios. No 1338 un grupo de mexicas funda tamén a cidade de México-Tlatelolco (mais o termo non está suficientemente claro, pois aparece baixo os termos de Texcoco e Tetzcoco). En pouco máis de cen anos xa se libraran do dominio tepaneca (era o ano 1430). Coa construción da cidade de Tlacopán (a que tamén se chamou Tacaba), os aztecas formaron a Triple Alianza, coa que se inicia o período de consolidación e expansión polo Val de México. Corría o ano 1470 cando se fixo a reconstrución do Templo Maior e de importantes monumentos, como a Grande Pedra do Sol, e a Pedra de Tizoc na cidade de [[Tenochtitlán]].[[Ficheiro:39364223azt.jpg|thumbminiatura|esquerda|200 px|Calendario azteca orixinal no Museo de Antropoloxía da Cidade de México.]]
 
En menos de cen anos, os aztecas e os seus aliados estendéronse primeiro polo altiplano central e despois cara as costas. Dominaron parte dos actuais estados de Puebla, México, Oaxaca, Veracruz, Hidalgo, Guerrero, Morelos e o Distrito Federal. Na agricultura usaron o sistema de rego e a roza, ademais do cultivo intensivo en [[Chinampas]]. O [[millo]] seguiu a exercer de alimento básico da poboación. Os aztecas dividíanse en dúas clases: