Hendaia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 26:
'''Hendaia''' (en [[lingua francesa|francés]]: ''Hendaye'', en [[éuscaro]]: ''Hendaia'') é unha localidade [[Francia|francesa]] do departamento de [[Pireneos Atlánticos]]. Sitúase no territorio da antiga provincia de Labort, xunto á fronteira con [[España]] e a 21 km de [[Donostia-San Sebastián|San Sebastián]]. O nome significa ''Baía Grande''. A cidade é un importante porto pesqueiro e conta cunha estación de ferrocarril internacional. Entre os atractivos da localidade, destaca un balneario, famoso en toda a rexión.
 
[[Ficheiro:Hendaia jaizkibeldik.jpg|250px|thumbminiatura|esquerda|Vista de Hendaia]]
Situada no medio do [[río Bidasoa|Bidasoa]], preto de Hendaia, a illa dos Faisáns é un lugar cargado de historia: en 1463, [[Luís XI de Francia|Luís XI]] tivo un encontro con [[Henrique IV de Castela|Henrique IV]], [[Lista de reis de Castela|rei de Castela]]; en 1526, [[Francisco I de Francia|Francisco I]], prisioneiro dos españois desde a [[batalla de Pavía]], foi liberado nesta illa a cambio dos seus dous fillos, quen permaneceron baixo arresto durante catro anos; en 1615, desenvolveuse un intercambio de infantas reais: Isabel, irmá do rei francés [[Luís XIII de Francia|Luís XIII]], prometida do fillo do monarca español [[Filipe III de España|Filipe III]], e [[Ana de Austria]], irmá daquel, prometida á súa vez do rei Luís XIII. En 1659, asinouse na illa a [[Paz dos Pireneos]] e o acordo nupcial entre [[Luís XIV de Francia|Luís XIV]] e María Teresa, filla do rei español [[Filipe IV de España|Filipe IV]]. A partir do tratado de 1856, a illa dos Faisáns pasou a pertencer tanto a [[Francia]] como a [[España]], e desde [[1901]] ambos os países manteñen por quenda (seis meses cada un) o dereito á súa soberanía.
 
Liña 32:
 
==Xeografía==
[[Ficheiro:Hendaye,_20.3.06.JPG|esquerda|thumbminiatura|300px|Vista da cidade dende o porto]]
A cidade está na fronteira co [[Comunidade Autónoma Vasca - Euskal Autonomia Erkidegoa|País Vasco]] ([[España]]) e é contigua á cidade vasca de [[Irún]] ([[Guipúscoa]]). É coñecida historicamente por ser a cidade onde se entrevistaron Franco e Hitler en 1940. Hendaia esta bañada polo [[Mar Cantábrico]] ao norte e a Baía de Txingudi (desembocadura do [[río Bidasoa]]) ao oeste, que a separa de [[España]] ([[Irún]] e [[Hondarribia]]).