Guerras italianas (1494-1559): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Italy 1494 v2.png|thumbminiatura|400px|right|Italia á morte de [[Fernando I de Nápoles]] ([[1494]])]]
As '''Guerras italianas''', tamén coñecidas como as '''Grandes guerras italianas''' e as '''Guerras de Italia''', foron unha serie de conflitos bélicos sucedidos entre [[1494]] e [[1559]] que implicaron, en distintas ocasións, aos principais Estados da [[Europa Occidental]]: [[Francia]], [[España]], [[Sacro Imperio Romano Xermánico]], [[Inglaterra]], a [[República de Venecia]], os [[Estados Pontificios]] e a maioría das [[Italia|cidades-estado italianas]], así como tamén ao [[Imperio otomán]].
 
Liña 21:
 
En abril de [[1495]] fórmase a chamada Liga de Venecia ([[Ducado de Milán|Milán]], [[República de Venecia|Venecia]], o [[Sacro Imperio Romano Xermánico]], [[España]] e os [[Estados Pontificios]]) para combater ao invasor.
[[Ficheiro:Seminara.jpg|260px|thumbminiatura|esquerda|''A batalla de Seminara''. Gravado anónimo do [[século XIX]]]]
A [[Batalla de Fornovo]] (6 de xullo de 1495) concluíu sen un vencedor militar claro, pero despois dela Carlos VIII tivo que evacuar as súas tropas do norte de Italia. No sur, con inferioridade numérica e procurando por iso evitar un gran enfrontamento a campo aberto cos franceses, o [[Gran Capitán]] conseguiu non ser expulsado da península por eles. Sen embargo, e en contra do seu criterio, o seu superior Fernando II de Nápoles obrigouno a presentar batalla xunto a el en [[Batalla de Seminara (1495)|Seminara]] (28 de xuño de 1495), onde foron vencidos por [[Bérault Stuart d'Aubigny]].
 
Liña 40:
===Guerra de Nápoles (1501-1504)===
{{AP|Guerra de Nápoles (1501-1504)}}
[[Ficheiro: Batalla del Garellano (1503) 01.png|thumbminiatura|300px|Esquema da batalla de Garellano]]
Conquistado o norte da península e antes de atacar Nápoles, Luís XII buscou a alianza coa única potencia militar capaz de frear o seu avance cara ao sur. En novembro de 1500 asinou con [[Fernando II de Aragón]] o [[Tratado de Granada (1500)|tratado de Granada]], polo que ambos os dous acordaban dividirse o reino de Nápoles: o sur quedaría para a coroa de Aragón e o norte para Francia. En marzo de 1501 as tropas de [[Gonzalo Fernández de Córdoba]], o Gran Capitán, ocuparon [[Calabria]] e [[Apulia]], e no verán seguinte os franceses avanzaron desde o norte e, tras tomar [[Xénova]], conquistaron o [[Abruzzo]] e [[Labor]]. O rei [[Federico I de Nápoles]], sen diñeiro nin exército despois da guerra anterior, foi incapaz de conter o avance de ambos os contendentes; en outubro foi deposto e o seu reino dividido entre Aragón e Francia.
 
Liña 49:
===Guerra da Liga de Cambrai===
{{AP|Guerra da Liga de Cambrai}}
[[Ficheiro:Marignan.jpg|thumbminiatura|esquerda|260px|''A batalla de Marignano'']]
O papa [[Xulio II]] formou a denominada [[Liga de Cambrai]] en [[1508]], co obxectivo de frear a expansión territorial da [[República de Venecia]]. Estaba formada por [[Francia]], o [[Papa|Papado]], [[España]] e o [[Sacro Imperio Romano Xermánico]].
 
Liña 62:
===Guerra italiana de 1521 - 1526===
{{AP|Guerra italiana de 1521 - 1526}}
[[Ficheiro:Habsburg Map 1547.jpg|thumbminiatura|250px|right|Os dominios de Carlos V en Europa]]
[[Ficheiro:Battle of Pavia, oil on panel.jpg|thumbminiatura|dereita|250px|''A [[Batalla de Pavía]]'', pintura dun artista [[Flandres|flamengo]] descoñecido.]]
Tras a morte en [[1519]] de [[Maximiliano I de Habsburgo]], emperador do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]], [[Carlos I de España]] foi designado como o seu sucesor, formando un estado que ocupaba case a metade do territorio europeo. [[Francisco I de Francia]], que optara á sucesión do imperio de Maximiliano, aproveitou a invasión española de [[Navarra]] para comezar unha guerra contra España. As tropas francesas marcharon cara a Italia co intento de desaloxar a Carlos I de Nápoles. Os franceses foron superados polos exércitos españois de [[Fernando de Ávalos]], sufrindo serias derrotas nas batallas de [[Batalla de Bicoca|Bicoca]] e [[Batalla de Sesia|Sesia]].
 
Liña 85:
 
===Guerra Habsburgo-Valois (1547 - 1559)===
[[Ficheiro:MunsterBM.jpg||thumbminiatura|270px|Vista da toma de San Quintín en 1557. Gravado en madeira publicado na ''Cosmografía'' de [[Sebastian Münster]] (edición de 1598)]]
 
En [[1547]], [[Henrique II de Francia]], que sucedera a Francisco no trono, declarou a guerra contra Carlos I coa intención de retomar Italia e asegurar Francia, intentando romper a hexemonía da [[Casa de Austria]] en Europa. En principio Francia tivo éxito na súa ofensiva contra [[Lorena]], pero o intento de invasión francesa de [[Toscana]] en [[1553]] fracasou coa súa derrota na [[batalla de Marciano]].